Rock Music
Advertisement
Zack de la Rocha
Zack de la Rocha
{{{caption}}}
Nome completo Zack de la Rocha
Nacido o 12 de xaneiro de 1970
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Long Beach, California. Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Instrumento(s) voz
Bandas Rage Against the Machine

Zack de la Rocha (nacido o 12 de xaneiro de 1970 en Long Beach, California) é un músico, poeta e activista estadounidense coñecido por ser o líder, vocalista e letrista da banda Rage Against the Machine. Na actualidade é o líder do dúo One Day as a Lion.

Icono guitarra Importante Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dun músico é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de músicos en progreso aquí.

Biografía[]

En 1983, o pai de de la Rocha, Roberto, membro de Los Four (o primeiro colectivo de arte de Chicano en exhibir nun grande museo), sufriu un ataque nervioso e levou os seus ideais relixiosos ata o extremo. Destruiu as súas obras, e, cando de la Rocha visitouno no fin de semana, foi forzado a sentarse nunha habitación coas fiestras e a porta pechadas e axudar ao seu pai a destruir as súas pinturas.

Despois dun tiempo, foi incapaz de facer fronte a ese estilo de vida e quedou coa súa nai en Irvine. En primaria asistiu á UC Irvine farm School. En Irvine coñecería ao seu futuro compañeiro en rage Against the Machine, o baixista Tim Commerford.

No instituto, de la Rocha comezou a involucrarse na escea hardcore punk e tocou a guitarra e cantou en varias bandas, incluíndo Juvenile Expression con Commerford. O seu interese en grupos como The Clash e Bad Religion pasou a admiración por outras bandas como Minor Threat, Bad Brains e The Teen Idles, e uníuse á banda de straight edge Hardstance.

De la Rocha formou a banda de hardcore Inside Out, que tivo un grande seguimento no underground a nivel nacional. A banda editou un EP, No Spiritual Surrender, através da Revelation Records en 1990, antes de separarse.

Despois da ruptura de Inside Out, embarcouse no hip-hop e comezou a realizar freestyling en clubes locais, onde coñeceu a Tom Morello e a Brad Wilk. O compañeiro de de la Rocha en Juvenile Expression, Tim Commerford, uníuse a eles e así formouse Rage Against the Machine.

Rage Against the Machine[]

Rage Against the Machine estivo no escenario principal do Lollapalooza en 1993 e foi unha das bandas máis políticas que recibiron unha extensiva cobertura na radio e na MTV. Categoría:Músicos de California

Advertisement