Rock Music
Advertisement
250px

{{{caption}}}
Orixe Meirama, Cerceda
País Galiza Bandeira Galiza
Período 1987 - actualidade
Xénero(s)
Selo(s) discográfico(s)
Membros
Antigos membros
Web oficial http://www.zenzar.info/


Zënzar é unha banda de rock galega procedente de Meirama, Cerceda e formada durante o outono do ano 1987.

Historia[]

Fórmase no outono de 1987 co nome de Mördor. O seu primeiro concerto foi no Nadal de 1988 no pub "Non sei" sendo un sexteto. Tiveron esa formación ata o ano 1991 cando saíron da banda o teclista Manuel Jesús e o guitarrista Luis. Destes primeiros anos destaca unha gravación en Meirama de 1990, a única que teñen como sexteto, e onde están as súas primeiras cancións e algunhas versións de bandas como Ilegales ou Nacha Pop.

A finais de 1992 gravan a súa primeira maqueta, Contos e Lendas de Terra Adentro, con cinco temas. En 1993 dúas das súas canción aparecen no disco recopilatorio Rock Na Costa Da Morte, xunto con outras cinco bandas. A mediados 1993 é cando adoptarán o nome de Zënzar, debido a motivos legais.

En 1995 aparece a súa segunda maqueta, Fascinados polo prohibido, formada por oito cancións, onde xa definen máis o son que os fará coñecidos. Nesa época realizan concertos ao lado de bandas xa consolidadas no panorama do rock estatal, como Extremoduro, Platero y Tu, Boikot, Manolo Kabezabolo ou Barón Rojo.

No ano 1997, a banda edita o seu primeiro álbum, Disparados ó futuro, con 12 temas gravados nos estudios Fussión de Vigo. Despois da saída do disco realizan unha xira de presentación do mesmo que os levará a facer concertos durante dous anos, destacando as actuacións nas primeiras edicións dos festivais Alen Galicia na Illa de Arousa, e Santi Rock en Santiago de Compostela. Ese ano tamén aparecen dous temas seus nos recopilatorios Bambán Vol. II e Oito anos de sequestros.

Durante a xira incorpórase a Zënzar o guitarrista Mario Grela e unha vez rematada esta entran nunha etapa de menos actividade. Finalmente na primavera do 2001 aparece o seu segundo álbum, bixo o título Todo Vai Ben, con 13 temas, todos eles en galego. Dous dos temas incluen as colaboracións do gaiteiro dos Papaqueixos, Xan, e de Romulo Sanjurjo, acordeonista de Os Diplomáticos de Monte-Alto. Despois do lanzamento a banda embárcase nunha xira de presentación duns 40 concertos, entre os que destacan os feitos en Santiago de Compostela polo día da Patria Galega, no Grelo Folc en Monfero, nas primeiras edicións do festival Ordes-rock e do festival Música en tempos de Pontevedra e o do Festival Ponte Louco en Castro Caldelas.

Rematada a xira no ano 2002, a banda entra no estudio Bonham de A Coruña para gravar 8 temas dun novo disco, pensado máis ben para os fans. O traballo sae á venda en xuño dese mesmo ano e titulase Rockanrol.

Despois do lanzamento a banda entra nun período de menos actividade, destacando o seu primeiro concerto en Madrid e dúas actuacións solidarias despois do afundimento do Prestige en Malpica e Cerceda.

A finais do ano 2004 comezan a traballar no que sería o seu seguinte álbum, pero pouco despois o guitarrista M. Silveira abandona a banda. Con Mario Grela como único guitarrista Zënzar continua a preparar o novo disco. No 2006 entran no novo estudio de Xabier Abreu en Nigrán para gravar Sigue... e dalle. O disco, que inclue un DVD, é presentado o día 30 de xuño na sala Nunca Máis de Ordes e ese mesmo ano incorpórase definitivamente Paco Cerdeira como segunda guitarra, despois de ter colaborado na gravación do álbum.

Discografía[]

  • Mördor en directo - 1990 (aínda co nome Mördor)
  • Contos e lendas de terra adentro - 1992 (maqueta)
  • Fascinados polo prohibido - 1995 (maqueta)
  • Disparados ó futuro - 1997
  • Todo vai ben - 2001
  • Rockanrol - 2001
  • Sigue... e dalle - 2006

Colaboracións[]

  • Rock na Costa da Morte - 1993 Cos temas "No teu rostro" e "O home bala".
  • Bambán Vol. II - 1997 Co tema "Podes ser ti".
  • Oito anos de sequestros - 1997 Aportan un tema.
  • Mixtura - 2002 Cos temas "Falo en nome da terra" e "Crus de marijuana"
  • Con dignidade! - 2003 Co tema "Marea negra".
  • Música pola liberdade dos pobos 2 - 2006 Aportan un tema.
  • A Per Loca - 2006 Aportan un tema.
Advertisement