Fandom

Rock Music

Xenreira

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Xenreira logo.jpg
Xenreira.jpg
{{{caption}}}
Orixe A Estrada
País Galiza Bandeira Galiza.png
Período 1994 - 2002
Xénero(s)
Selo(s) discográfico(s) Edicións do Cumio
Membros
Antigos membros
Web oficial


Xenreira foi unha banda galega de rock procedente da Estrada formada no ano 1994, coincidindo coa aparición do rock bravú. Apesar da súas múltiples coincidencias con este fenómeno, onde algúns críticos non dubidan en clasificalos, os seus integrantes consideráronse representantes do "rock irmandiño", unha música moito máis comprometida politicamente e con raíces en distintos estilos musicais, entre os que se conta o rock radikal rasco, o ská, e tamén a canción protesta galega, especialmente o grupo Fuxan Os Ventos.

Biografía Editar

O seu primeiro concerto foi no Burgo das Nacións, en Santiago de Compostela, nun concerto en apoio aos estudantes que tentaban salvar a citada residencia universitaria. O segundo sería coa banda italiana Banda Bassotti na compostelá sala Nasa, nun concerto polos presos independentistas galegos.

Nos seus anos de vida a banda só editou un álbum, Érguete!!, aparecido en 1997, e que influiu a outras bandas galegas, tanto da época como posteriores. As súas letras están marcadas por un forte compromiso político independentista, e nelas alúdese á memoria da Guerra Civil Española ("Mil Nove 36"), ás mobilizacións dos anos 70 ("Onde a loita se chama Encrobas"), á situación das persoas presas ("Recluso 241"), á desobediencia civil ("Érguete", "Ozono"), ou ao sentimento de internacionalismo solidario coa loita da independencia irlandesa ("Mesmo berce, mesma loita"). Tamén puxeron música ao himno de Acción Gallega, escrito por Ramón Cabanillas. O disco contou coa participación, entre outras persoas, de Ugia Pedreira e Ramom Pinheiro "Chito", (por aquel entón ambos membros de Chouteira), así como do histórico membro de Fuxan Os Ventos, Mini, por aquel entón n'A Quenlla. O disco estaba producido por Kaki Arkarazo, un histórico do Rock Radikal Basco e ex-compoñente de Negu Gorriak e Nación Reixa, entre outros.

Despois da xira de presentación do disco Marcos Payno e Sevi deixaron a banda, despois de grabar o tema para o disco Selección Xa. Incorporaríase Pablo e Jaco nos ventos e no ano 2001 ocuparíase do baixo Mario no lugar de Manuel Balboa. O grupo seguiu dando concertos cunha banda totalmente renovada e no 2002 Maki abandonaría o grupo, quedando da formación orixinal unicamente Davide Senén na voz e Vero na batería. A banda disolveríase ese mesmo ano.

Xenreira tamén colaborou con temas en varios discos colectivos. Aparecen no citado disco Selección Xa! co tema "Selección ská", cantado polo entón futbolista da S.D. Compostela Nacho. Tamén aparecen no recopilatorio de 1996 Unión Bravú co tema "¡Presente!". E tame´n no recopilatorio de 1997 Para todos todo, nada para nosotros, con "Mesmo berce, mesma loita".

Membros Editar

  • Davide Senén Otero: voz
  • Silverio Otero: batería, bodhram e percusión
  • Maki: guitarra (1994 - 2002)
  • Manuel Balboa: baixo
  • Marcos Payno: saxo alto e voz
  • Sevi: saxo barítono
  • Pino Ricciardi: guitarra
  • Jasper: guitarra (substituíndo a Pino despois da súa morte)
  • Xurxo Piñeiro: guitarra (substitúe e Jasper)
  • Pablo
  • Jaco
  • Mario: baixo (substitúe a Manuel Balboa no 2001)

Discografía Editar

  • Xenreira - 1995 Maqueta
  • Érguete!! - 1996 (Edicións do Cumio)

Colaboracións Editar

  • Unión Bravú - co tema "¡Presente!"
  • Selección Xa! - co tema "Selección ská"
  • Para todos todo, nada para nosotros - co tema "Mesmo berce, mesma loita"

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou