Fandom

Rock Music

Weezer

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Weezer Logo.jpg
Weezer.jpg
{{{caption}}}
Orixe Los Angeles, California
País Estados Unidos Bandeira Estados Unidos.png
Período 1992 - actualidade
Xénero(s) rock alternativo
Selo(s) discográfico(s) Geffen
Membros Rivers Cuomo
Brian Bell
Scott Shriner
Pat Wilson
Antigos membros Jason Cropper
Matt Sharp
Mikey Welsh
Web oficial http://www.weezer.com

Weezer é unha banda de rock estadounidense formada en Los Angeles, California, en 1992. Está liderada polo seu vocalista e guitarrista Rivers Cuomo. A súa actual formación complétase con Patrick Wilson (batería), Brian Bell (guitarra) e Scott Shriner (baixo).

Historia Editar

FormaciónEditar

Weezer formouse en Los Angeles o 14 de febreiro de 1992 por Rivers Cuomo, Jason Cropper, Matt Sharp e Pat Wilson. A banda comezou a compoñer algunhas cancións e a tocar en pequenos clubes locais. A pesares de non destacar moito nos seus inicios, a banda seguíu tocando. Despois de 16 meses tocando xuntos asinan coa discográfica DGC/Geffen. Na época había unha verdadeira carreira entre as discográficas para descubrir novas bandas, en gran parte debido ao éxito do Nirvana e o consecuente estoupido do rock alternativo. Weezer pasou un tempo en Nova York, co fin de gravar o seu primeiro álbum no famoso estudio Electric Lady, onde contaron coa producción de Ric Ocasek (ex-The Cars, banda pop de moito éxito nos anos 80). Durante as gravacións do álbum de estrea, titulado Weezer, Jason sae da banda, e é substituído polo baixista Brian Bell, que tocaba nunha banda chamada Carnival Art.

O son de Weezer, rotulado de power pop, é unha mestura de melodías sinxelas, guitarras pesadas e letras inocentes, combinando no seu son influencias do rock dos anos 70, de bandas como Cheap Trick ou Kiss con sonoridades de guitarra de bandas como Pixies.

Blue AlbumEditar

O primeiro disco da banda é lanzado o 10 de maio de 1994, e foi un éxito dende o principio. Foron lanzados tres sinxelos do álbum Weezer: "Undone - The Sweater Song", "Buddy Holy" e "Say It Ain't So". "Buddy Holly" gañou varios premios Grammy e MTV Awards naquel ano e o álbum Weezer chegou a vender dous millóns de copias nos Estados Unidos. Particularmente, os videoclips axudaron moito ao éxito de Weezer. Os vídeos de "Undone" e "Buddy Holly" foron dirixidos polo excelente director Spike Jonze.

Despois de varios meses de xira, Weezer decide parar por un tempo. Rivers ingresou na Universidade de Harvard, Matt e Pat montaron un proxecto paralelo chamado The Rentals e Brian voltou a tocar na banda na que tocaba antes de Weezer, Space Twins.

PinkertonEditar

No fin de 1995, eles reúnense novamente para gravar o seu segundo álbum, que desta vez sería producido pola propia banda. En setembro de 1996, foi lanzado o tan esperado segundo álbum de Weezer, titulado Pinkerton. O disco ten un son un pouco máis pesado que o anterior, aínda que segue mantendo as melodías accesibles que son unha das marcas rexistradas do son da banda. Dese álbum foron lanzados tres sinxelos: "El Scorcho", "The Good Life" e "Pink Triangle".

Pinkerton non tivo tan boas vendas como o álbum anterior, pero foi moi ben recibido pola crítica. A explicación pode estar no feito de que a banda non quixo gravar novos videoclips innovadores, unha especie de resposta do líder da banda, Rivers Cuomo, aos críticos que consideraban a Weezer unha banda dunha soa canción. Cando a Geffen insistíu e lanzou un video para a canción "The Good Life", o momento xa non era o mellor para o rock alternativo, e a MTV e os medios en xeral prestáronlle pouca atención á banda. O álbum Pinkerton chegou a vender 500.000 copias nos Estados Unidos.

Despois da finalización da promocióno de Pinkerton, a banda embárcase nun longo período de inatividade, Rivers Cuomo retorna a Harvard e os outros integrantes pasan a dedicarse a proxectos paralelos.

En 1998, Matt Sharp anuncia a súa saída definitiva de Weezer para adicarse integralmente a The Rentals. No lugar de Matt, foi chamado o baixista Mikey Welsh, que tocaba na banda de Juliana Hatfield.

En 1999 a banda volta a se reunir para ensaiar cancións para o próximo disco. En 2000, xa con algún material novo listo, Weezer volta a tocar en directo, facendo unha pequena xira polos Estados Unidos e posteriormente participando do Warped Tour ao lado de Green Day. Todos os concertos da banda en 2000 esgotaron as entradas e a expectativa era grande entre os fans para o lanzamento do terceiro álbum, que sae en marzo de 2001.

Green AlbumEditar

Así como no disco de estrea, o novo álbum é autotitulado (enseguida apelidado como Green Album) e foi recibido con frenesí tanto polo público como pola crítica por ser unha espécie de retorno do son máis alegre, sinxelo e contaxiante (e por iso máis accesible) do inicio da carreira da banda. O disco estréase entre os 10 máis vendidos da lista da Billboard (feito raro para un disco de rock hoxe en día). Aínda no 2001 a banda volta ao estudio para gravar o seu novo álbum. Foron sesións bastante prolíficas, varias cancións foron compostas e gravadas e a finais de ano, a banda puxo a disposición dos fans algunhas versións e demos inéditas na súa páxina oficial en Internet.

O quinto álbum de Weezer, Maladroit, foi lanzado en maio de 2002, cun éxito aínda maior que o seu antecesor, chegando ao terceiro lugar na Billboard. No verán, a banda entra en xira ao lado de The Strokes, e anuncia un novo disco en breve.

Pero o sucesor de Maladroit non chegará ata o 2005, despois de moitas sesións de estudio. Make Believe divide opinións: mentres que para algúns é o mellor disco da banda dende Pinkerton, para outros trátase dun sinal de decadencia. O primeiro sinxelo do novo álbum é emblemático: "Beverly Hills" é con certeza unha das cancións de sonoridade máis diferenciada gravada pelo grupo, e non foron poucas as críticas negativas. Na xira de divulgación do seu quinto disco, Weezer tocou polos Estados Unidos ao lado de nomes como Pixies e Red Hot Chili Peppers.

En xuño do 2008 editouse Weezer, tamén coñecido coma The Red Album, producido por Rick Rubin. O seu primeiro sinxelo foi "Pork and Beans" que estivo na cima da Modern Rock Tracks durante 11 semanas.

MembrosEditar

Membros actuais Editar

Antigos membrosEditar

Discografía Editar

ÁlbumesEditar

EPsEditar

Ligazóns externas Editar

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou