Fandom

Rock Music

Tré Cool

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Tré Cool
Tré Cool.jpg
{{{caption}}}
Nome completo Frank Edwin Wright III
Nacido o 9 de decembro de 1972
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Frankfurt, Alemaña Bandeira Alemaña.png
Instrumento(s) {{{instrumento}}}
Bandas Green Day

Tré Cool (nacido como Frank Edwin Wright III, o 9 de decembro de 1972 en Frankfurt, Alemaña) é o baterista da banda de punk rock estadounidense Green Day. El reemprazou ao baterista orixianl do grupo John Kiffmeyer.

Icono guitarra.pngImportante.png Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dun músico é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de músicos en progreso aquí.

Biografía Editar

Frank Edwin Wright III naceu o 9 de decembro de 1972 en Frankfurt, Alemaña, onde estaba destinado o seu pai, sendo o membro máis novo de Green Day. Aos 14 anos mudouse a Willits, en Mendocino, California, pero antes de mudarse alí medrou nunha remota zona rural coñecida como Iron Peak, a 25 km do pobo máis próximo. Trè vivía cos seus pais e os seus dous irmáns maiores. O pai, Frank Edwin Wright II, era veterano da guerra de Vietnam, onde pilotou helicópteros, e ao regresar aos Estados Unidos traballou como albanel. A súa nai, Linda, era ama de casa.

Seu pai traballaba na zona de Iron Peak, e construiu a casa de Lawrence Livermore, o seu veciño máis próximo e fundador da Lookout! Records. Este fue o que lle puxo o apodo de Trè Cool a Frank e cando tiña 12 anos uníuse á banda de Lawrence, The Lookouts. En 1988 Trè tocou nunha festa de instituto coa súa banda e outra chamada Sweet Children, que posteriormente se faría chamar Green Day. Foi nese concerto cando Green Day asinou o seu contrato coa Lookout! Records. The Lookouts e Green Day tocaron a miúdo xuntos nos seguintes dous anos, pero The Lookouts separaríase en 1990, e foi entón cando Trè entrou en Green Day coma sustituto de John Kiffmeyer (Al Sobrante), que deixara a banda para ir á universidade.

En Green Day, Trè, ao igual que Mike Dirnt, ten un papel menor nas letras, sendo autor só dun feixe delas nos discoa da banda. Entre as mesmas están "Dominated Love Slave" (do Kerplunk), "All by Myself" (canción oculta do Dookie, e "Rock and Roll Girlfriend", a cuarta parte de "Homecoming", do álbum American Idiot, e adicada a Torry Castellano, a súa moza nese tempo e membro de The Donnas.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou