Tomo Miličević | |
---|---|
{{{caption}}} | |
Nome completo | Tomislav Miličević |
Nacido o | 3 de setembro de 1979 |
Falecido o | {{{morto}}} |
Orixe | Sarajevo, Bosnia-Herzegovina |
Instrumento(s) | Guitarra |
Bandas | 30 Seconds to Mars |
Tomislav Miličević (nacido o 3 de setembro de 1979 en Sarajevo, Bosnia-Herzegovina) é o guitarrista e teclista ocasional da banda 30 Seconds to Mars. É o irmán menor da modelo e actriz Ivana Miličević.
Naceu nunha familia de orixe croata, pero pasou a maior parte da súa vida nos Estados Unidos, xa que os seus pais, Tonka e Damir Miličević, emigraron a Detroit, Michigan, na procura dunha vida mellor. Ademais da súa irmá Ivana, tamén ten un irmán menor chamado Filip.