Fandom

Rock Music

Thurston Moore

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Thurston Moore
Thurston Moore.jpg
{{{caption}}}
Nome completo Thurston Joseph Moore
Nacido o 25 de xullo de 1958
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Coral Gables, Florida. Estados Unidos Bandeira Estados Unidos.png
Instrumento(s) {{{instrumento}}}
Bandas Sonic Youth

Thurston Joseph Moore (nacido o 25 de xullo de 1958 en Coral Gables, Florida) é un músico estadounidense coñecido por ser o cantante e guitarrista da banda Sonic Youth. Ademais coloborou con outros moitos grupos e ten dous discos en solitario. É tamén o dono do selo discográfico Ecstatic Peace!.

En 1985 casou coa baixista e vocalista de Sonic Youth Kim Gordon, coa cal ten unha filla, Coco Hayley Gordon Moore. Thurston é coñecido por tocar guitarras Fender Jazzmaster aparte doutros modelos de Fender, como a Mustang e a Jaguar.

Biografía Editar

Moore naceu en Coral Gables, Florida e trasladouse a Bethel, Connecticut. A pesares de estar matriculado na Western Connecticut State University, optou por mudarse a Nova York. Alí, el e Lee Ranaldo aprenderon técnicas experimentais de guitarra con Glenn Branca.

Sonic Youth Editar

El e Ranaldo pronto co-fundarían Sonic Youth, sendo os guitarristas da banda, con Moore tamén como vocalista. A banda asinou primeiro un contrato coa Neutral Records, despois coa Homestead Records, e finalmente con SST Records, converténdose na banda de rock underground máis importante dos anos 80.

Traballo en solitario Editar

Aparte do seu traballo en Sonic Youth, Moore tamén editou álbumes en solitario. Colaborou ademais con varios artistas como My Cat is an Alien, DJ Spooky, Nels Cline, William Hooker, Christian Marclay, Loren Mazzacane Connors, R.E.M., Cock E.S.P., e Mike Watt. A mediados dos 90 Moore formou un proxecto paralelo, The Dim Stars, coa lenda do punk Richard Hell. Dende o 2004, Moore gravoi e actuou coa banda de noise To Live and Shave in L.A., que tiña a Andrew W.K. na súa formación. Gravou coa banda no antigo estudio de Sonic Youth en Manhattan, e posteriormente actuou con eles no concerto Noise Against Fascism contra Bush, en Washington, D.C.

No 2004 a revista Rolling Stone clasificou a Moore e a Lee Ranaldo, tamén de Sonic Youth, como os 33 e 34 mellores guitarristas de todos os tempos. A súa forma de tocar é moi innovadora e ambolosdous usan unha grande variedade de técnicas.

Aparte do seu traballo cmo músico Moore leva o selo independente Ecstatic Peace e colabora na revista musical Arthur Magazine. Tamén se encarga da web Protest Records, chamada así porque denuncia as leis de piratería na música. En maio do 2005 editou o libro Mix Tape: The Art of Cassette Culture.

O 18 de setembro do 2007 Moore editou o seu segundo álbum en solitario, Trees Outside the Academy, através do selo Ecstatic Peace! da súa propiedade. O traballo foi gravado no estudio de J Mascis en Amherst, Massachusetts.

Sonic Youth
Kim Gordon | Thurston Moore | Lee Ranaldo | Steve Shelley | Mark Ibold
Jim Sclavunos | Richard Edson | Bob Bert | Jim O'Rourke
Discografía
Álbumes: Confusion Is Sex - Sonic Death - Bad Moon Rising - EVOL - Sister - The Whitey Album - Daydream Nation - Goo - Dirty - Experimental Jet Set, Trash and No Star - Screaming Fields of Sonic Love - Washing Machine - Made in USA - A Thousand Leaves - NYC Ghosts & Flowers - Murray Street - Sonic Nurse - Rather Ripped - The Destroyed Room: B-sides and Rarities - The Eternal
EPs: Sonic Youth | Kill Yr Idols | Master-Dik | Whores Moaning | TV Shit | Silver Session for Jason Knuth | In the Fishtank 9

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou