Fandom

Rock Music

The Presidents of the United States of America

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

PUSA Logo.jpg
PUSA.jpg
{{{caption}}}
Orixe Seattle, Washington
País Estados Unidos Bandeira Estados Unidos.png
Período 19931998
2000 – actualidade
Xénero(s) Rock alternativo
Selo(s) discográfico(s) PopLlama
Columbia
MUSICBLITZ
PUSA Inc.
Membros Chris Ballew
Dave Dederer
Jason Finn
Andrew McKeag
Antigos membros
Web oficial http://www.presidentsrock.com/

The Presidents of the United States of America, coñecida tamén coma The Presidents ou PUSA, é unha banda de rock alternativo de Seattle formada en 1993. O trio actualmente está composto polo vocalista e "baixitarrista" Chris Ballew, o baterista e vocalista Jason Finn e o "guitaibaixista" e vocalista Andrew McKeag. O "guitabaixista" e vocalista Dave Dederer deixou a banda no ano 2004 despois de 11 anos no grupo.

Importante.png Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dunha banda é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de bandas en progreso aquí.

Historia Editar

A banda formárona a finais de 1993 Chris Ballew e Dave Dederer. Inicialmente coma dúo sen batería, Ballew e Dederer fixeron media ducia de concertos en 1993 como "The Lo-Fis"," "The Dynamic Duo" e "Pure Frosting". Ballew foi o que tivo a idea para o nome de "The Presidents of the United States of America". Pouco despois de cambiar o seu nome, Ballew e Dederer engadiron ao baterista Jason Finn, e a banda realizou o seu primeiro concerto como trio na sala Romper Room de Seattle a principios de decembro do ano 1993. Nese tempo Finn era tamén o baterista da banda Love Battery, que recentemente cambiara de selo discográfico, pasando da Sub Pop á Atlas Records, unha subsidiaria do selo A&M.

The Presidents gravaron unha cassette de 10 temas, Froggystyle, a principios de 1994 nun só día, nos Laundry Room Studios. A banda vendeu os cassettes nos seus concertos durante 1994. Finn tamén vendeunos no lendario bar de Seattle Comet Tavern, onde era camareiro.

En 1994, The Presidents asinaron co selo de Seattle PopLlama Records e editaron o seu álbum de debut, The Presidents of the United States of America, no ano seguinte. Columbia Records contratounos pouco despois e reeditou o disco a finais de xullo de 1995. Debido aos seus sinxelo "Lump", "Peaches", e "Kitty", o seu debut foi todo un éxito.

A crítica alabou os temas pegadizos e divertidos dos Presidents, e o álbum recibiu nominacións aos Grammy en 1996 e 1997. A pesares de que "Peaches" foi o tema máis exitoso, a banda di que "Lump" é a súa canción favorita do álbum. As estrañas letras do tema proveñen dun soño que Ballew tivo mentres padecía neumonía. Os antibióticos causáronlle unha reacción alérxica que lle produciron varias noites de estraños soños.

En 1996, "Weird Al" Yankovic, creou unha parodia do tema "Lump", titulada "Gump". Esta canción aparece no álbum Bad Hair Day.

O seu seguinte álbum, II, recebendo louvanzas semellantes, pero non acadou o éxito comercial do seu álbum de debut, a pesares de ser certificado "ouro" nos Estados Unidos.

Ao longo de 1995, 1996 e 1997 a banda estivo realizando xiras por todo o mundo para promocionar os seus dous primeiros álbumes. Ademais das exhaustivas xiras polos Estados Unidos e Canadá, a banda tocou en Europe, Australia, Nova Celandia e Xapón. Tamén apareceron en programas de radio e televisión, como os de Leno e Letterman nos Estados Unidos.

Discografía Editar

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou