Rock Music
Register
Advertisement
Hellacopters Logo
Hellacopters
{{{caption}}}
Orixe Estocolmo
País Suecia Bandeira Suecia
Período 1994 - 2008
Xénero(s) Garage rock, garage punk, garage rock revival, punk rock, hard rock, power pop
Selo(s) discográfico(s) Man's Ruin
Sub Pop
Universal
Gearhead
White Jazz
Membros Nicke Royale
Jens Robert Dahlqvist
Kenny Håkansson
Matz Robert Eriksson
Anders Lindström
Antigos membros
Web oficial http://www.hellacopters.com


The Hellacopters foi unha banda sueca de garage rock formada en 1994 por Nicke Andersson (voces e guitarra), Dregen (guitarra), Kenny Håkansson (baixo) e Robban Eriksson (batería). Despois de editar o seu álbum de debut en 1996 a banda reclutou a Anders Lindström (piano e órgano) e ao pouco tempo actuarían de teloneiros para Kiss. Dregen deixou a banda despois do lanzamento do seu segundo traballo para centrarse na súa outra banda, Backyard Babies, e coa axuda de Mattias Hellberg e Danne Andersson o grupo rematou a xira de presentación do álbum antes de gravar o terceiro disco. Despois da gravación de Grande Rock en 1998 Robert Dahlqvist foi contratado como reemprazo de Dregen na guitarra. A banda editou outros tres álbumes con material propio e un máis de versións antes de anunciar a súa separación en outubro do ano 2008 despois dunha xira por Europa e da edicióndun disco dobre en directo. The Hellacoopters foi, xunto con The Hives, unha das máis importantes bandas suecas de garage rock revival e unha das máis influíntes bandas do país.

Importante Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dunha banda é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de bandas en progreso aquí.

Historia[]

O primeiro ensaio da banda ocorreu o día 4 de novembro de 1994, sendo só unha jam session. Inicialmente a banda era un proxecto paralelo de Nicke Andersson, que na época era baterista e principal compositor de Entombed, e Dregen, guitarrista de Backyard Babies (que tamén traballara de roadie con Entombed), xunto con Kenny Håkansson (baixo) e Robert Eriksson (batería). O primeiro ensaio de The Hellacopters tivo lugar o día 4 de novembro de 1994 como unha jam session. O nome viu de cando Nick fixo o seu derradeiro concerto con Entombed, con Dregen coma roadie.

Discografía[]

Álbumes[]

Recopilatorios[]

  • Cream Of The Crap vol. 1 - 2002
  • Hellacopters 12" - 2002
  • Cream Of The Crap vol. 2 - 2004
  • Air Raid Serenades - 2006
Advertisement