FANDOM


The Edge
The Edge
{{{caption}}}
Nome completo David Howell Evans
Nacido o 8 de agosto de 1961
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Londres, Inglaterra Bandeira Inglaterra (borde)
Instrumento(s) Guitarra
Bandas U2

David Howell Evans (nacido o 8 de agosto de 1961), máis coñecido como The Edge, é o guitarrista e principal compositor da banda irlandesa U2. O distintivo son da súa guitarra e o seu percutivo estilo de tocar, aparte do seu uso innovador de procesadores de son dixitais (sobre todo do delay), axudaron a definir o son único de U2. A pesares de ter nacido en Inglaterra, cansidérase a si mesmo de Dublín.

Biografía Editar

Evans naceu en Barking, East London, do matrimonio galés formado por Garvin e Gwenda Evans. Cando tiña un ano de idade, a súa familia mudouse a Malahide en County Dublin onde Evans asistiu ao St. Andrew's National School. Evans recibiu clases de piano e guitarra e saia tocar co seu irmán Dik Evans antes de que ambolosdous respostasen a un anuncio posto por Larry Mullen Jr. na súa escola, a Mount Temple Comprehensive School, onde buscaba músicos para formar unha banda. Esa banda pasaría por varias encarnacións ata convertirse en U2 en marzo de 1978. U2 comezou a actuar en varios locais de Irlanda facéndose cun pequeno grupo de seguidores. O seu álbum de debut, Boy, sería editado no ano 1980.

En 1982, The Edge estivo a piques de deixar U2 por motivos relixiosos, pero foi persuadido para quedarse na banda. Durante ese período estivo traballando nun grupo chamado Shalom Tigers, no cal tamén estaban os seus compañeiros Bono e Larry Mullen Jr. The Edge casou coa súa moza do instituto Aislinn O'Sullivan o 12 de xullo de 1983, e a parella tivo tres fillas: Hollie en 1984, Arran en 1985 e Blue Angel en 1989. The Edge e O'Sullivan separáronse en 1990 pero non puideron divorciarse debido ás leis irlandesas. O divorcio legalizouse en 1995 e en 1996 a parella estivo legalmente divorciada.

Durante a xira Zoo TV, The Edge coñeceu a Morleigh Steinberg, unha bailarina profesional e coreógrafa contratada pola banda. A parella comezou a sair en 1993, e tivo unha filla, Sian, en 1993 e un fillo, Levi, en 1999. Steinberg e The Edge casarían o 22 de xuño do 2002.

U2
Bono | The Edge | Adam Clayton | Larry Mullen Jr.
Discografía
Álbumes: Boy - October - War - The Unforgettable Fire - The Joshua Tree - Rattle and Hum - Achtung Baby - Zooropa - Pop - All That You Can't Leave Behind - How to Dismantle an Atomic Bomb - No Line on the Horizon
Recopilatorios e EPs: ThreeWide Awake in AmericaPlease: PopHeart Live EPThe Best of 1980–19907The Best of 1990–2000ExclusiveThe Complete U2Live from Under the Brooklyn BridgeU218 Singles

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.