Rock Music
Advertisement
Cure Logo
The Cure
{{{caption}}}
Orixe Crawley
País Inglaterra Bandeira Inglaterra (borde)
Período 1976 - actualidade
Xénero(s) Rock alternativo, rock gótico, New Wave, post-punk
Selo(s) discográfico(s) Fiction, Suretone, Geffen, Polydor, Elektra, Sire
Membros Robert Smith
Porl Thompson
Simon Gallup
Jason Cooper
Antigos membros Lol Tolhurst
Michael Dempsey
Matthieu Hartley
Phil Thornalley
Andy Anderson
Boris Williams
Roger O'Donnell
Perry Bamonte
Web oficial http://www.thecure.com/


The Cure é unha banda inglesa, liderada por Robert Smith, formada en Crawley no ano 1976. Robert Smith, líder, vocalista, guitarrista e principal compositor, ven sendo o único membro permanente da banda dende a súa fundación.

O seu primeiro álbum foi Three Imaginary Boys, editado en 1979, e colocou á banda nos movementos post-punk e New Wave que surxiran a raíz da revolución punk rock no Reino Unido. Durante os primeiros anos da década dos 80 as letras e música cada vez máis escuras da banda axudaron a formar o xénero do rock gótico. Despois da edición de Pornography en 1982 o seu futuro tornouse incerto e Smith quixo deixar atrás a triste reputación que a banda adquirira. Co sinxelo "Let's Go to Bed", aparecido ese mesmo ano, Smith comezou a inxectar unha sensibilidade máis pop na súa música. A popularidade de The Cure incrementouse a medida que pasaba a década, especialmente nos Estados Unidos onde os temas "Just Like Heaven", "Lovesong" e "Friday I'm in Love" entraron nas listas Billboard Hot 100. Co inicio dos anos 90, The Cure foi unha das bandas de rock alternativo máis populares do mundo, e aínda que esa popularidade disminuiu na actualidade, estímase que venderon uns 27 millóns de discos ata o 2004. The Cure leva editados trece álbumes de estudio e uns trinta sinxelos dende o comezo da súa carreira.

Importante Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dunha banda é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de bandas en progreso aquí.

Historia[]

Formación e primeiros anos[]

A primeira encarnación do que se convertiría en The Cure foi The Obelisk, unha banda formada por estudantes da Notre Dame Middle School en Crawley, Sussex. O grupo debutou ante o público nunha actuación en abril de 1973, e estaba formada por Robert Smith (piano), Michael "Mick" Dempsey (guitarra), Laurence "Lol" Tolhurst (percusión), Marc Ceccagno (guitarra) e Alan Hill (baixo). A primeira encarnación real chegaría en xaneiro de 1976 cando Ceccagno formou Malice con Smith e Dempsey xunto con outros dous compañeiros da St. Wilfrid's Catholic Comprehensive School. Ceccagno deixou a banda ao pouco temapo para formar unha banda de jazz-rock fusion chamada Amulet. Fortemente influenciados pola aparición do punk rock, os membros restantes de Malice cambiaron o nome para Easy Cure en xaneiro de 1977. A Smith e Dempsey uníranselle nese tempo o baterista de The Obelisk Lol Tolhurst e o guitarrista Porl Thompson. Tanto Malice coma Easy Cure probaran infructuosamente varios vocalistas antes de que Smith finalamnete asumise o rol de líder de Easy Cure en setembro de 1977.

Ese ano Easy Cure gañou un concursos de talentos co selo alemán Hansa Records, e conseguiu un contrato discográfico. A pesares de que a banda gravou temas para a compañía, estas nunca foron editadas. Despois de desacordos en marzo de 1978 sobre a dirección que a banda debería tomar, o contrato foi rescindido. Thompson foi expulsado da banda no mes de maio, e o trío (Smith/Tolhurst/Dempsey) pasaría a chamarse The Cure. Posteriormente nese mesmo mes a banda gravou a súa primeira sesión coma trío nos Chestnut Studios en Sussex, a cal foi distribuída como unha cinta demo nunha ducia de discográficas. A demo chegou a Chris Parry da discográfica Polydor Records, que asinou un contrato coa banda para o seu novo selo Fiction en setembro de 1978.

Discografía[]

Álbumes de estudio[]

Álbumes en directo[]

Recopilatorios[]

The Cure
Robert Smith | Simon Gallup | Porl Thompson | Jason Cooper | Lol Tolhurst | Boris Williams
Andy Anderson - Perry Bamonte - Michael Dempsey - Matthieu Hartley - Roger O'Donnell - Phil Thornalley
Discografía
Álbumes: Three Imaginary Boys | Seventeen Seconds | Faith | Pornography | The Top | The Head on the Door | Kiss Me, Kiss Me, Kiss Me | Disintegration | Wish | Wild Mood Swings | Bloodflowers | The Cure | 4:13 Dream
EPs: A Single | Half an Octopuss | Quadpus | The Peel Sessions | Integration | Lost Wishes | Sideshow | Five Swing Live | Festival 2005 | Hypnagogic States
Advertisement