Rock Music
Advertisement
The Clash
The Clash
{{{caption}}}
Orixe Ladbroke Grove, Londres
País Inglaterra Bandeira Inglaterra (borde)
Período 1976 - 1986
Xénero(s) punk rock
Selo(s) discográfico(s) CBS
Membros Joe Strummer
Mick Jones
Paul Simonon
Topper Headon
Terry Chimes
Keith Levene
Rob Harper
Pete Howard
Nick Sheppard
Vince White
Antigos membros
Web oficial

The Clash foi unha banda inglesa de punk rock que estivo activa dende 1976 ata 1986, e formou parte do orixinal movemento británico do punk rock de finais dos 70. A banda chegou a mesturar o punk con reggae, rockabilly, dance, jazz, ska e outros estilos.

Durante gran parte da súa carreira The Clash estivo formado por Joe Strummer (voz, guitarra), Mick Jones (guitarra), Paul Simonon (baixo) e Nicky "Topper" Headon (batería e percusión). O grupo desfíxose a principios de 1986, debido á falta de control creativo e á perda de Headon en 1982 e Jones en 1983 pola fricción interna.

The Clash tivo un grande éxito no Reino Unido dende a edición do seu álbum de debut, The Clash, en 1977. O seu terceiro álbum, London Calling, lanzouse no Reino Unido en decembro de 1979, conseguindo tamén popularidade nos Estados Unidos cando apareceu alí o mes seguinte. Aclamado pola crítica, foi declarado o mellor álbum dos anos 80 unha década despois pola revista Rolling Stone.

As súas letras politizadas, a experimentación musical e a actitude rebelde tiveron unha forte influencia no rock, sobre todo no rock alternativo. En xaneiro do 2003 a banda foi incluída no Rock and Roll Hall of Fame. No 2004 a Rolling Stone a puxo no número 30 da súa lista dos 100 mellores artistas de todos os tempos.

Importante Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dunha banda é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de bandas en progreso aquí.

Discografía[]

Categoría:Bandas de punk rock

Advertisement