Fandom

Rock Music

Syd Barrett

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Syd Barrett
Syd Barrett.jpg
{{{caption}}}
Nome completo Roger Keith Barrett
Nacido o 6 de xaneiro de 1946
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Cambridge, Inglaterra Bandeira Inglaterra (borde).png
Instrumento(s) Guitarra, voz, baixo, slide guitar, ukelele, mandolina, banjo
Bandas Pink Floyd

Roger Keith "Syd" Barrett (6 de xaneiro de 19467 de xullo do 2006) foi un cantante, compositor e guitarrista inglés. É coñecido sobre todo por ser un dos membros fundadores de Pink Floyd. Barrett estivo activo no mundo do rock ata aproximadamente sete anos antes de morrer, debido a un cancro de páncreas.

Icono guitarra.pngImportante.png Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dun músico é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de músicos en progreso aquí.

Biografía Editar

Barrett naceu en Cambridge, Inglaterra nunha familia nunha familia de clase media. Seu pai, Arthur Max Barrett, era un prominente patólogo, e xunto coa súa muller, Winifred, animaron a Roger (como o chamaban) coa súa música. Seu pai morreu cando Barrett tiña 12 anos. Asistiu á Cambridgeshire High School para homes e matriculouse na escola de arte Camberwell en South London en 1964 antes de formar a súa primeira banda un ano despois. Barrett adquiriu o seu alcume "Syd" aos 14 anos, como referencia a un vello baterista de Cambridge, Sid Barrett.

Pink Floyd Editar

Creada en 1964, a banda que se converteu en Pink Floyd pasou por varias formacións e tivo distintos nomes como "The Abdabs", "The Screaming Abdabs", "Sigma 6" e "The Meggadeaths". En 1965, Barrett uníuse a eles como "The Tea Set", e cando se atoparon tocando nun concerto cun grupo do mesmo nome, Barrett creou o nome "The Pink Floyd Sound" (posteriormente "The Pink Floyd"). El ideou o nome "Pink Floyd" por xustaposición dos primeiros nomes de Pink Anderson e Floyd Council (dous músicos de blues).

Pink Floyd comezou tocando versións de cancións de R&B americano (do mesmo xeito que bandas contemporáneas coma The Rolling Stones, The Yardbirds e The Kinks), e cara 1966 eles cambiaron o seu estilo cara un rock and roll improvisado. Nese ano, abriu unha nova sala de concertos en Londres, o UFO, e ao pouco tempo convertiríase nun refuxio para a música sicodélica británica. Pink Floyd, a banda da casa, foi a súa atracción máis popular, e, despois de tocar no local rival The Roundhouse, converteuse no grupo máis coñecido da chamada escena sicodélica "London Underground".

Cara finais de 1966 Pink Floyd conseguira un equipo de xestión fiable con Andrew King e Peter Jenner. O dúo pronto se fixo amigo do estadounidense expatriado Joe Boyd, o promotor do UFO Club, que estabase a facer un nome coma un dos máis importantes empresarios da escea musical británica. Boyd produxo unha sesión de gravación para o grupo en xaneiro de 1967 no Sound Techniques en Chelsea, a cal resultou na demo do sinxelo "Arnold Layne".

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou