Rock Music
Register
Advertisement
Sub Pop Logo

Logo da Sub Pop

Sub Pop é un selo discográfico independente de Seattle fundado por Bruce Pavitt e Jonathan Poneman en 1986, famoso por ser o primeiro en asinar contratos con Nirvana, Soundgarden, Mudhoney e moitas outras bandas da escena local. A miudo fálase dela por dar os primeiros pasos para a popularización da música grunge.

Historia[]

Sub Pop foi fundada por Bruce Pavitt en Olympia, Washington en 1979 como un fanzine chamado Subterranean Pop. Inspirado polo fanzine Fast Forward, Sub Pop comezou a alternar as súas publicacións con cassettes recopilatorios de bandas estadounidenses (aínda que tamén apareceron varias bandas estranxeiras). Houbo nove publicacións de Sub Pop en total: seis fanzines e tres cassettes (números 5, 7, e 9). Despois do número 9, Sub Pop cambiou a un formato só de cassette, pero o proxecto foi abandonado pola cantidade de traballo que requería para continuar. Continuou como unha columna no xornal de Seattle The Rocket durante anos.

En 1986, Pavitt mudouse a Seattle e editou o primeiro LP da Sub Pop, o recopilatorio Sub Pop 100. En 1987, Sub Pop editou o EP Dry as a Bone de Green River, e pouco despois, ese mesmo ano, Pavitt coñeceu a Jonathan Poneman.

Kim Thayil de Soundgarden presentoulle a Pavitt a Jonathan Poneman e os dous decidiron formar un selo discográfico en 1986. Despois de que varias bandas da escena local asinasen polo selo, Pavitt e Poneman traballaron para popularizar a música que fixo famoso o seu selo.

O seu primeiro paso foi o Sub Pop Singles Club, un servizo de subscripción que permitíu aos seus subscriptores recibir sinxelos de bandas locais mensualmente por correo. Isto permitíulle á Sub Pop converterse nunha compañía forte na escena local, e o seu nome era sinónimo da música da area de Seattle, do mesmo xeito que a Motown Records o era de Detroit. A súa primeira edición do Singles Club foi o sinxelo de Nirvana Love Buzz/Big Cheese, en novembro de 1988. O Singles Club rematou cinco anos despois e relanzouse en 1998 durando ata 2002.

Para aumentar a popularidade do grunge, Pavitt e Poneman trouxeron a un xornalista da revista británica Melody Maker para escribir un artigo da escena musical local.

Aínda que a Sub Pop foi importante na popularización do grunge, algúns fans criticaron a Pavitt e a Poneman polas súas accións. Eses fans sentían que o seu rol na popularización do grunge estaba motivada máis por avaricia que por amor á música. Despois de que moitas exitosas bandas de grunge deixasen a Sub Pop tras asinar con grandes discográficas formouse unha empresa conxunta coa Warner..

En 1996, Bruce Pavitt deixou o selo debido a que necesitaba máis tempo para a súa familia.

Artistas que traballaron coa Sub Pop[]

Os seguintes artistas pertencen ou pertenceron á Sub Pop ou teñen algún material editado a través do selo:

  • 5ive Style
  • Afghan Whigs
  • The Album Leaf
  • The Beach Boys
  • Band of Horses
  • Baptist Generals
  • Beat Happening
  • Boyd Rice
  • The Brunettes
  • Steven Jesse Bernstein
  • Blood Circus
  • Bright Eyes
  • Cat Butt
  • The Chemistry Set
  • Combustible Edison
  • The Constantines
  • Cansei de Ser Sexy
  • Chixdiggit!
  • Comets on Fire
  • Damien Jurado
  • David Cross
  • Damon & Naomi
  • Death Cab For Cutie
  • Dntel
  • Earth
  • The Elected
  • Eric's Trip
  • The Fluid
  • Frausdots
  • Fruit Bats
  • Gas Huffer
  • The Go


Ligazóns externas[]

Advertisement