Fandom

Rock Music

Siniestro Total

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Siniestro Total
Siniestro Total.jpg
{{{caption}}}
Orixe Vigo
País Galiza Bandeira Galiza.png
Período 1981 - actualidade
Xénero(s)
Selo(s) discográfico(s) DRO, BMG/Ariola, Virgin, El Diablo
Membros Julián Hernández
Javier Soto
Angel González
Jorge Beltrán
Oscar Avendaño
Antigos membros Miguel Costas
German Coppini
Alberto Torrado
Segundo Grandío
Web oficial


Siniestro Total é unha banda galega procedente da cidade de Vigo que se formou oficialmente o 20 de agosto de 1981, cando o coche no que ían a maioría dos seus membros fundadores tivo un accidente e foi declarado Siniestro Total, bautizando así ao grupo.

Importante.png Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dunha banda é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de bandas en progreso aquí.


Historia Editar

Orixes Editar

Julián Hernández e Alberto Torrado coñecíanse dende os catro anos e ámbolos dous asistiron ao antigo Colexio Alemán en Vigo. A súa afición pola música comezou a través dos seus familiares: o curmán de Julián, Luis, tiña discos de bandas como Cream ou The Rolling Stones así como de bandas de blues; e o irmán maior de Alberto algúns vinilos de The Beatles e The Shadows, ademais dun baixo eléctrico. No colexio fixéronse moi amigos gracias ao seu gusto común pola música.

Cando Julián tiña uns doce anos, á súa irmá menor, Eva, regaláronlle unha guitarra. Esta era case de xoguete, e Julián comezou a tocala cunha pipa de xirasol a falta de púa. Mentres tanto, Alberto tamén empeza a interesarse por tocar gracias ao baixo eléctrico do seu irmán. Xuntos comezaron a mercar libros de acordes dos Beatles e dos Rolling Stones para poder tocar. Pouco despois comezaron a interesarse por grupos máis progresivos, como Pink Floyd, Soft Machine, Jethro Tull e Frank Zappa. Xunto con algúns amigos máis que compartían a súa afición xuntábanse polas tardes, despois do colexio, para escoitar discos.

Aos catorce años Julián e Alberto remataron os seus estudos no Colexio Alemán. Julian asiste entón ao instituto do Calvario, onde a súa nai daba clasas de debuxo. Alberto estudaría noutro centro distinto, aínda que non deixaron de verse, e de cando en vez quedaban para ensaiar.

Ao pouco tempo de entrar no instituto Julián empeza a asistir a clases no conservatorio, co que os seus coñecementos sobre música van mellorando, e xa pode tocar algunhas cousas con Alberto, como unha versión de doce minutos con moitos adornos dunha canción de Genesis, e algo de Pink Floyd. Alberto comeza a refinar os seus gustos musicais, pasándose definitivamente ao rock sinfónico e progresivo e ao folk rock americano, e esquecendo a grupos como Slade. Ademais comezan a compoñer algúns temas instrumentais (xa que ninguno dos dous se atrevía a cantar).

Na clase de Julián no instituto estaba Tochi, irmán de Javier Soto, aficionado ao country, algo que o fai bastante raro; pero alo menos gústalle a música, o que fai que comecen a falar con frecuencia e Julián acabaría por coñecer ao seu irmán un ano menor que el. Javier era moi amigo de Miguel Costas, co que mercaba asiduamente a revista Disco Express, prácticamente única fonte de información musical á que tiñan acceso por aquel entón. Finalmente Julián presentou a Javier e Miguel a Alberto.

Discografía Editar

ÁlbumesEditar

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou