Rock Music
Advertisement
Shoegazing
Orixes do estilo: Rock alternativo, post-punk, dream pop, space rock, rock sicodélico, noise pop, drone music
Orixes culturais: mediados-finais dos 80 no Reino Unido
Instrumentos típicos: guitarra, baixo, voz e batería
Popularidade: baixa nos 80, pero incrementándose a finais da década ata pricipios dos 90; principalmente underground dende entón
Subxéneros
Xéneros fusión
post-metal - post-rock

O shoegazing (tamén coñecido coma shoegaze ou shoegazer) é un subxénero do rock alternativo que apareceu no Reino Unido a finais dos anos 80. Durou ata mediados da década dos 90, co seu apoxeo entre os anos 1990 e 1991. A prensa musical británica (concretamente NME e Melody Maker), bautizaron o estilo con ese nome ("shoe" é zapato e "to gaze" mirar) debido a que os músicos desas bandas permanecían relativamente inmóbiles durante as súas actuacións, mentres se concentraban nos seus pedais de efectos no chan, de aí a idea de que estaban vendo cara os seus zapatos.

O son shoegazing caracterízase por un uso significativo de efectos de guitarra e unhas melodías vocais indistinguibles que se mesturan co ruído das guitarras. Nos anos 90 as bandas de shoegazing foron "reemprazadas" polo movemento grunge estadounidense, forzando ás relativamente descoñecidas bandas a separarse ou reinventarse. En tempos máis recentes resnovouse o interese do xénero con bandas "nu-gaze". Categoría:Xéneros

Advertisement