Rock Music
Register
Advertisement
Scott Weiland
Scott Weiland
{{{caption}}}
Nome completo
Nacido o 27 de outubro de 1967
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Santa Cruz, California. Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Instrumento(s) {{{instrumento}}}
Bandas Stone Temple Pilots
Velvet Revolver

Scott Weiland (nacido o 27 de outubro de 1967 en Santa Cruz, California) é o vocalista da banda Stone Temple Pilots. Durante o tempo no que Stone Temple Pilots estivo separado, Weiland foi vocalista de Velvet Revolver, grupo do que foi expulsado na primavera do ano 2008.

Icono guitarra Importante Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dun músico é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de músicos en progreso aquí.

Biografía[]

Weiland naceu en Santa Cruz, California, pero a súa familia mudouse cara Chagrin Falls, Ohio cando el tiña 5 anos. Alí asistiu ao Kenston School District e deixou os seus estudos durante o primeiro ano de instituto voltando novamente a California.

Stone Temple Pilots[]

A finais dos anos 80 coñeceu ao baixista Robert DeLeo nun concerto de Black Flag, e pouco despois formaron a banda Mighty Joe Young co irmán de DeLeo Dean na guitarra e Eric Kretz na batería, gravando unha demo en 1990. A banda cambiou o seu nome a Stone Temple Pilots cando descubriron ao pouco tempo que o nome "Mighty Joe Young" xa estaba sendo usado por outro artista.

En 1992 a banda editou o seu primeiro traballo, Core, e o seu primeiro hit, "Sex Type Thing", permitíulles converterse nunha das bandas comercialmente máis exitosas do movemento grunge, no cal foi encadrada a pesares de non estar a súa música exactamente nese estilo. Stone Temple Pilots foi acusada de copiar a bandas coma Alice in Chains, Pearl Jam ou Nirvana nun intento de aproveitarse da popularidade destas. As críticas tamén apuntaron á voz de Weiland, semellante ás de Layne Staley e Eddie Vedder. Weiland rexeitou tales comparacións, citando a Jim Morrison e a David Bowie como as súas maiores influencias. A pesares de que houbo moitas críticas negativas, Core acabou sendo un éxito.

En 1994, a banda editou o seu segundo álbum, Purple, onde desenvolveron a identidade de Stone Temple Pilots.

Stone Temple Pilots
Scott Weiland | Dean DeLeo | Robert DeLeo | Eric Kretz
Discografía
Álbumes de estudio: Core | Purple | Tiny Music... Songs from the Vatican Gift Shop | No. 4 | Shangri-La Dee Da
Recopilatorios: Thank You

Weiland, Scott

Advertisement