Rock Music
Register
Advertisement
SST Records

{{{caption}}}
Compañía nai
Fundado en 1978
Fundador Greg Ginn
Estátus
Distribuidoras
Xénero(s)
País de orixe
Localización
Web oficial


SST Records é un selo independente estadounidense formado en 1978 en Long Beach, California polo músico Greg Ginn. A compañía inicialmente chamouse Solid State Transmitters debido a que Ginn vendía equipamentos electrónicos. Ginn transformouna nun selo discográfico para editar material da súa banda Black Flag.

SST inicialmente se centrou na edición de material de bandas de hardcore punk de Southern California. Coma moitas das bandas do selo trataban expandirse máis aló das limitacións do xénero, SST editou moitos álbumes clave na evolución do rock alternativo estadounidense, incluíndo a bandas coma Minutemen, Hüsker Dü, Meat Puppets, Sonic Youth ou Dinosaur Jr.

Historia[]

Greg Ginn creou Solid State Tuners (SST) cando tiña doce anos. SST vendía por correo equipos de radio modificados dos excedentes da Segunda Guerra Mundial. O negocio era pequeno, pero prosperou cando Ginn fi medrando.

En 1976 Ginn formou a banda de punk rock Panic. Panic gravou outo temas en xaneiro de 1978, pero ningún selo se interesou por editalos aparte de Bomp! Records, que posteriormente non chegou a ningún acordo para lanzar eses temas. Ginn entón decidiu que tiña suficiente experiencia no seu negocio como para poder editar o material el mesmo. SST Records editou a música gravada pola banda de Ginn (agora chamada Black Flag) coma o EP Nervous Breakdown en xaneiro de 1979.

Moitos dos primeiros concertos de Black Flag remataban violentamente, a cotio coa intervención da policía de Los Angeles. Debido a isto a policía pinchou os teléfonos do selo e mantivo a súa oficina baixo vixiancia.

Importante Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dun selo discográfico é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de selos en progreso aquí.

Ligazóns externas[]

Advertisement