Fandom

Rock Music

Robert Plant

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Robert Plant
Robert Plant.jpg
{{{caption}}}
Nome completo Robert Anthony Plant
Nacido o 20 de agosto de 1948
Falecido o {{{morto}}}
Orixe West Bromwich, Inglaterra Bandeira Inglaterra (borde).png
Instrumento(s) Voz
Bandas Led Zeppelin


Robert Anthony Plant (nacido o 20 de agosto de 1948, en West Bromwich, West Midlands, Inglaterra) é un compositor e vocalista inglés, famoso por pertencerá banda Led Zeppelin, pero tamén pola súa carreira en solitario.

Icono guitarra.pngImportante.png Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dun músico é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de músicos en progreso aquí.

Biografía Editar

Primeiros anos Editar

Plant naceu en West Bromwich, pero medrou en Halesowen. Deixou a escola na metade da súa adolescencia e desenvolveu unha grande paixón polo blues, principalmente debido á súa admiración por Elvis Presley, Bob Dylan, Willie Dixon, Robert Johnson e The Beatles. Abandonou a súa formación coma contable despois de só dúas semanas asistindo ao colexio un intento de conseguir o certificado de educación secundaria e intruducíuse na escea blues da zona.

As súas primeiras influencias blues inclúen a artistas coma Robert Johnson, Bukka White, Skip James, Jerry Miller e Sleepy John Estes. Plant fixo varios traballos mentres perseguía unha carreira musical, sendo un deles na grande compañía británica de construción Wimpey en Birmingham durante o ano 1966, asfaltando estradas. Tamén traballou na cadea de tandas Woolworths en Halesowen durante un curto período de tempo. El gravou tres oscuros sinxelos para a CBS Records e cantou con varias bandas, incluíndo The Crawling King Snakes, onde coñeceu ao baterista John Bonham. Ambos comezaron a tocar en Band of Joy, fusionando blues coas novas tendencias sicodélicas.

Led Zeppelin Editar

En 1968, o guitarrista Jimmy Page andaba á procura dun vocalista para a súa nova banda e coñeceu a Plant despois de ser rexeitado pola súa primeira opción, Terry Reid.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou