Fandom

Rock Music

Robert DeLeo

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Robert DeLeo
Robert DeLeo.JPG
{{{caption}}}
Nome completo Robert Emile DeLeo
Nacido o 2 de febreiro de 1966
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Montclair, New Jersey. Estados Unidos Bandeira Estados Unidos.png
Instrumento(s) baixo
Bandas Stone Temple Pilots
Talk Show
Army of Anyone

Robert Emile DeLeo (nado o 2 de febreiro de 1966 en Montclair, New Jersey) é un baixista estadounidense que toca en Stone Temple Pilots. Anteriormente formaou parte das bandas Talk Show e Army of Anyone. É o irmán menor de Dean DeLeo, que toca a guitarra tamén en Stone Temple Pilots.

Biografía Editar

Stone Temple Pilots Editar

Robert coñeceu a Scott Weiland, que sería posteriormente o vocalista de Stone Temple Pilots, nun concerto de Black Flag en Long Beach. Pouco despois decatáronse de que estaban saíndo coa mesma rapaza, e cando ela mudouse a Texas, Robert e Scott foron a vivir ao seu apartamento en San Diego, onde eles intentaron formar unha banda. Contactaron co baterista Eric Kretz e Robert convencceu ao seu irmán Dean para que tocase a guitarra na nova banda. Esta foi bautizada como Mighty Joe Young, nome tirado dunha película titulada así.

Mighty Joe Young realizou varios concertos en bares da zona de Los Angeles, e asinou un contrato coa Atlantic Records no ano 1992. Pero o nome "Mighty Joe Young" xa pertencía a outro artista, polo que a banda tivo que cambialo a "Stone Temple Pilots".

Durante eses anos, Stone Temple Pilots convertiuse nunha das bandas máis exitosas dos anos 90, coa creación por parte de Robert de moita da súa música, incluindo as famosas intros dos temas "Plush" e "Interstate Love Song". A pesares de que as súas vendas superaron os 25 milóns de discos, a banda desfíxose debido aos continuos problemas de Scott Weiland coas drogas.

Stone Temple Pilots reuníuse a principios do 2008 e actualmente atópase nunha xira de 65 concertos por Norteamérica. Unha vez remate a xira a banda gravará o seu sexto traballo de estudio.

Talk Show e Army of Anyone Editar

Mentres Stone Temple Pilots estaba parada en 1997 debido ás loitas de Scott coa lei, Robert, o seu irmán Dean e Kretz uníronse ao vocalista Dave Coutts de Ten Inch Men e formaron Talk Show. Scott estivo rehabilitándose e editou un disco en solitario duramte ese tempo.

Talk Show editaría o seu único traballo, Tak Show, en 1997 através da Atlantic Records. A pesares do enorme éxito entre os críticos musicais o álbum foi un grande fracaso comercial. Dave Coutts foi finalmente despedido e a banda desfíxose. Stone Temple Pilots reformaríase novamente en 1998 e separaríase definitivamente no ano 2003.

Despois da ruptura, Robert e Dean uníronse ao líder de Filter Richard Patrick e ao baterista Ray Luzier para formar a banda Army of Anyone. O grupo surxiu despois de que Patrick contactase con irmáns DeLeo para escribir material para o cuarto álbum de Filter. Finalmente chamaron a Luzier para unha audición e formaron a banda. Army of Anyone foi editado o 14 de novembro do 2006 recibindo boas críticas.

Curiosidades Editar

  • É o irmán menor do guitarrista Dean DeLeo.
  • Xunto co seu irmán produxeron o álbum truANT, o segundo traballo de Alien Ant Farm.
  • Foi convidado a compoñer para Aerosmith durante a súa xira de 1996. O seu álbum favorito desta banda é Rocks.
  • Entre as cancións que compuxo, "Still Remains" do álbum de Stone Temple Pilots Purple é unha das súas favoritas.
Stone Temple Pilots
Scott Weiland | Dean DeLeo | Robert DeLeo | Eric Kretz
Discografía
Álbumes de estudio: Core | Purple | Tiny Music... Songs from the Vatican Gift Shop | No. 4 | Shangri-La Dee Da
Recopilatorios: Thank You

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou