Rock Music
Advertisement
Power pop
Orixes do estilo: Pop rock, rock and roll, beat music, Rhythm and Blues, garage rock
Orixes culturais: anos 60 no Reino Unidos e os Estados Unidos
Instrumentos típicos: batería, guitarra, baixo, voz, sintetizador, teclados
Popularidade: media
Subxéneros
bubblegum pop – jangle pop – mod revival
Xéneros fusión
geek rock – New Wave – pop sicodélico – synthpop

O power pop (ou powerpop) é un xénero musical que se inspira na música pop e rock británica e estadounidense dos anos 60. Normalmente incorpora unha combinación de recursos musicais coma fortes melodías, frescas harmonías vocais, arranxos austeros e destacados riffs de guitarra. Os solos instrumentais normalmente redúcense ao mínimo, e os elementos do blues tamén son escasos. As gravacións tenden a amosar valores de produción que se inclinan cara a compresión e un forte ritmo de batería. A instrumentación normalmente inclue unha ou máis guitarras eléctricas, un baixo eléctrico, unha batería e os teclados ou os sintetizadores. Se ben o seu impacto cultural sufriu altibaixos ao longo de décadas, o power pop é un dos subxéneros do rock máis perdurables. Categoría:Xéneros

Advertisement