Rock Music
Advertisement
Post-punk revival
Orixes do estilo: New wave, britpop, indie rock, post-punk, rock alternativo, NWONW
Orixes culturais: Principios dos 2000 nos Estados Unidos e Reino Unido
Instrumentos típicos: guitarra, baixo, batería, teclados
Popularidade: grande nos anos 2000
Subxéneros
Xéneros fusión

O post-punk revival é un movemento do rock alternativo dos anos 2000, onde as bandas collen o s elementos do son post-punk orixinal de principios dos 80, así como o New Wave da mesma década e o garage rock dos 60. O movemento comezou e ten máis forza en países de lingua inglesa, coma o Reino Unido, Estados Unidos e varios países da Europa continental, e ten unha especial repercusión nas esceas musicais de Londres e New York.

Historia[]

Orixinalmente o termo "post-punk" foi acuñado para describir a aqueles grupos que a finais dos anos 70 e principios dos 80 tomaron o punk e comezaron a experimentar con estructuras musicais máis desafiantes, temas máis líricos, e baseándose máis na imaxe dun xeito consciente, conservando ao mesmo tempo a inicial postura iconoclasta do punk, coma Public Image Ltd., Gang of Four e Joy Division. No cambio de século, o termo "post-punk" comezou a aparecer na prensa musical novamente, cun bo número de críticos revivíndoo para describir a un novo grupo de bandas que compartía parte da estética da era orixinal post-punk. The Rapture, Interpol, The Killers e Franz Ferdinand foron os primeiros grupos en recibir o interese dos medios neste movemento. Esta segunda onda do post-punk incorpora elementos da música dance e de xéneros que conforman o movemento dance punk ao igual que o movemento post-punk orixinal estaba influído polo Krautrock, o dub, e a música disco dos 70. O crítico musical Simon Reynolds apunta que moitas desas bandas collen as súas influencias da rama principal do post-punk coma Wire e Gang of Four. Sen embargo, outros revivalistas do post-punk coma Interpol e Editors lle deben máis ao lado máis atmosférico do xénero, liderados por Joy Division e Echo & the Bunnymen.

Advertisement