Fandom

Rock Music

Nada Surf

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Nada Surf Logo.jpg
Nada Surf.jpg
{{{caption}}}
Orixe New York City, New York
País Estados Unidos Bandeira Estados Unidos.png
Período 1992 - actualidade
Xénero(s) Rock alternativo
Indie rock
Selo(s) discográfico(s) Barsuk Records
Elektra
Heavenly Records (Reino Unido)
City Slang Records (Reino Unido)
Membros Matthew Caws
Daniel Lorca
Ira Elliot
Antigos membros Aaron Conte
Web oficial http://www.nadasurf.com/


Nada Surf é unha banda estadounidense de rock alternativo/indie rock formado en 1992 e baseada en New York. Está formada por Matthew Caws (guitarra, voz), Ira Elliot (batería, coros) e Daniel Lorca (baixo, coros). A banda é quizais coñecida pola súa canción "Popular" do disco de 1996 High/Low. O seu seguinte traballo, The Proximity Effect, non tería tanto éxito.

Importante.png Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dunha banda é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de bandas en progreso aquí.

Historia Editar

Nada Surf formárona a principios dos 90 Matthew Caws e Daniel Lorca. Eles coñecéronse no Le Lycée Français de New York (unha escola en francés) e pasaron parte da súa infancia en France e Bélxica e tocaron en moitas bandas, incluindo The Cost of Living e Because Because Because. O seu primeiro baterista chamouse Dan, do que se fala no tema "The Plan" (High/Low). Dan foi substituído por Aaron Conte, co cal a banda gravou o seu primeiro 7", The Plan/Telescope (1994/Stickboy), así como a demo Tafkans, a versión crua do High/Low. Eses temas crus foron posteriormente editados no seu segundo 7", Deeper Well/Pressure Free (1995/Deep Elm Records), no Karmic EP e no North 6th Street.

Conte deixou a banda en xaneiro de 1995 e foi reemprazado por Ira Elliot, o antigo batería de The Fuzztones, unha moi activa banda da escea neoiorquina dos 80, da cal tanto Lorca coma Caws eran fans. Caws e Lorca semprte intentaron convidalo, pero querían agardar a mellorar como músicos. A chegada de Elliot deulle novas enerxías á banda e as ambicións de Caws e Lorca incrementáronse.

Despois dun concerto no Knitting Factory, Nada Surf coñeceu ao antigo líder de The Cars e produtor de Weezer Ric Ocasek. Con pouca esperanza, ensinaronlle unha copia da demo Tafkans. Tres semanas despois Ocasek chamounos anunciando a súa intención de producir un álbum da banda. Polo mesmo tempo, a banda estaba ultimando un contrato coa Elektra Records através dun executivo, Terry Tolkin, que traballara para a súa rama indie, No.6 Records, pola cal fora editado o EP Karmic en 1995.

As negociación coa Elektra ao final non se levaron a cabo, polo que Ocasek contactou coa Maverick Records e a banda tivo que voar a Los Angeles para realizar unha axitada audición.

High/Low gravouse e masterizouse en xaneiro de 1995 nun período de 19 días. A gravación foi pagada pola Elektra antes de que a banda asinase o seu contrato o 18 de xaneiro de 1996.

DiscografíaEditar

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou