Rock Music
Register
Advertisement
250px
Mother Love Bone
{{{lenda}}}{{{caption}}}
Orixe Seattle, Washington
País Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Período 1988 - 1990
Xénero(s) Grunge
Selo(s) discográfico(s) {{{selo}}}
Membros Andrew Wood
Stone Gossard
Jeff Ament
Bruce Fairweather
Greg Gilmore
Antigos membros {{{antigos_membros}}}
Web oficial {{{web}}}


Mother Love Bone foi unha das bandas precursoras do movemento grunge iniciado en Seattle a finais dos anos 80. A personalidade e composicións do seu líder Andrew Wood axudaron a catapultar á banda á cima da florecente escea musical de Seattle de finais dos anos 80. Traxicamente, Wood morreu só uns poucos días antes da edición do seu álbum de debut, Apple, poñendo fin á carreira da banda. Hoxe en día moitos recordan a Mother Love Bone como unha banda con moito talento, sendo o seu legado ensombrecido pola morte de Wood e polas bandas que formaron posteriormente os seus membros.

Importante Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dunha banda é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de bandas en progreso aquí.

Historia[]

Mother Love Bone creárona no ano 1988 os ex-membros de Green River, Stone Gossard, Jeff Ament e Bruce Fairweather, o ex-líder de Malfunkshun Andrew Wood e o ex-baterista de Ten Minute Warning e Skin Yard, Greg Gilmore. Inicialmente o grupo formouse en 1987 a partires da banda de versións Lords of the Wasteland composta por Wood, Gossard, Ament e o baterista de Malfunkshun, Regan Hagar. A principios de 1988 a banda engadiu a Fairweather, reemprazando a Hagar polo baterista Greg Gilmore e cambiando o seu nome por Mother Love Bone.

Esta nova formación rapidamente comezou a gravar e a tocar pola zona e a finais de 1988 convertérase nunha das bandas máis prometedoras de Seattle. A personalidade de Wood no escenario, a súa extravagante roupa e as súas letras axudaron a que a banda comezase a chamar a atención.

A principios de 1989 a banda asinou coa filial de PolyGram Mercury Records. Coma parte do contrato PolyGram tamén creou a Stardog Records exclusivamente para a banda. En marzo de 1989 o grupo lanzou o seu EP de estrea, Shine, converténdose na primeira da nova fornada de bandas de Seattle en editar cun grande selo.

Membros[]

Discografía[]

  • Shine - 1989 (Mercury) EP
  • Apple - 1990 (Mercury)
  • Stardog Champion - 1992 (Mercury) Recopilatorio

Categoría:Bandas de Seattle

Advertisement