Rock Music
Register
Advertisement
Metal progresivo
Orixes do estilo: Rock progresivo, heavy metal e jazz fusion
Orixes culturais: Anos 70 en Gran Bretaña, Estados Unidos e Canadá
Instrumentos típicos: Guitarra eléctrica, baixo, batería e percusión e teclados
Popularidade: Pupular entre o heavy metal e afecionados ao rock progresivo
Subxéneros
Xéneros fusión

O metal progresivo é un subxénero do heavy metal que mestura a potencia e o son das guitarras do metal coas complexas estructuras, tempos impares e intrincadas instrumentacións do rock progresivo. Algunhas bandas de metal progresivo están tamén influenciadas polo jazz fusion. Ao igual que as cancións de rock progresivo, as do metal progresivo son normalmente máis longas que as cancións de rock estándares, e as súas temáticas están ligadas a álbumes conceptuais. Como resultado, o metal progresivo é raramento escoitado en radios e televisións convencionais.

Historia[]

As orixes do metal progresivo pode ser atopado nas bandas de rock progresivo de finais dos anos 60 e principios dos 70 coma Yes, Pink Floyd, Jethro Tull, King Crimson, Genesis e Rush. Sen embargo, o metal progresivo non se desenvolveu como xénero ata mediados dos anos 80. Bandas coma Rainbow tiña xa moitas características do metal progresivo e grupos como Fates Warning, Queensrÿche e Dream Theater tomaron elementos desas bandas de rock progresivo, principalmente a instrumentación e a estructura das cancións, e combináronos con estilos asociados ao heavy metal. O resultado podería ser descrito coma unha mentalidade de rock progresivo con sons heavy metal.

O metal progresivo comezou a aparecer nos medios a principios dos 90 cando o tema "Silent Lucidity" de Queensrÿche converteuse nun hit na MTV. Esta non era unha canción típica de metal progresivo, pero aumentou a popularidade doutras bandas do estilo. En 1993, "Pull Me Under" de Dream Theater fíxose popular na radio e na televisión. Bandas dos anos 90, como Pain of Salvation, Opeth, Ayreon e Symphony X, desenvolverían os seu propio estilo.

Pain of Salvation baseouse nas bandas máis escuras do progresivo dos 70. Ayreon quedouse co metal progresivo máis tradicional, pero mesturándoo con outras influencias, coma a ópera rock e o ambient entre outros. Symphony X uniu elementos do progresivo co power metal e a música clásica.

20px Importante Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dun xénero musical é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de álbumes en progreso aquí.
Advertisement