Fandom

Rock Music

Melissa Auf der Maur

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Melissa Auf der Maur
Melissa Auf Der Maur.jpg
{{{caption}}}
Nome completo Melissa Gaboriau Auf der Maur
Nacido o 17 de marzo de 1972
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Montreal, Canadá Bandeira Canada.png
Instrumento(s) baixo, voz, guitarra, teclados
Bandas Hole
The Smashing Pumpkins


Melissa Gaboriau Auf der Maur (nacida en Montreal, Canadá o 17 de marzo de 1972) é unha baixista, guitarrista e cantante canadense. Como baixista, Melissa participou nos grupos de rock Hole e The Smashing Pumpkins. No ano 2004 editou o seu primeiro traballo en solitario, Auf der Maur, e actualmente está traballando no seu segundo disco.

Biografía Editar

Melissa naceu o 17 de marzo de 1972 en Montreal, na provincia canadense de Quebec. O seu pai é o xornalista e político Nick Auf der Maur, e a súa nai a traductora literaria Linda Gaboriau. A súa lingua materna é o inglés, aínda que posteriormente aprendeu francés e español. Pasou parte da súa infancia en Kenia xunto á súa madre, aínda que rápidamente voltou a Montreal, onde estudou fotografía na Concordia University. Melissa ten a dobre nacionalidade canadense-estadounidense, xa que o seu pai é de Canadá e a súa nai naceu nos Estados Unidos.

Carreira musical Editar

Hole Editar

Auf der Maur fíxose amiga de Billy Corgan despois de pedirlle perdón por uns amigos que tiraron unha botella á banda nun concerto de The Smashing Pumpkins en Canadá. A súa banda, Tinker, sería posteriormente teloneira de The Smashing Pumpkins en Montreal en 1993. En 1994, cando Hole precisaba dun novo baixista tras a morte de Kristen Pfaff, Corgan recomendou a Melissa a Courtney Love. Auf der Maur inicialmente rexeitou o ofrecemento, pero reconsiderou a proposta e acabou aceptando. Uníuse a Hole dúas semanas antes do Reading Festival, e estivo nela ata o 20 de outubro de 1999.

The Smashing Pumpkins Editar

Pouco despois de deixar Hole, Melissa uníuse a The Smashing Pumpkins, xusto despois de que a banda rematase de gravar MACHINA/The Machines of God, e de que D'arcy Wretzky marchase. Ela foi a encargada do baixo na xira de promoción de MACHINA e estivo ata que a banda se separou a finais do ano 2000.

Outras colaboracións Editar

Melissa tamén colaborou co grupo francés Indochine na canción "Le grand secret", cantando e aparecendo no video con Nicola Sirkis. Tamén saíu de xira con Ric Ocasek de The Cars en 1997. Auf der Maur tamén contribuíu tocando o baixo e facendo coros co seu amigo da infancia Rufus Wainwright, no seu álbum de 1998 Poses, no tema "Evil Angel".

Hand of Doom e The Chelsea Editar

Despois da ruptura de The Smashing Pumpkins, Auf der Maur liderou unha banda de versións de Black Sabbath chamada Hand of Doom para practicar como vocalista. No 2002, Auf der Maur, xunto coa baterista Samantha Maloney (Mötley Crüe, Hole, Peaches), Paz Lenchantin (A Perfect Circle, Zwan) e Radio Sloan (Peaches, The Need, The Courtney Love Band) crearon unha nova banda chamada The Chelsea. Tocaron temas orixinais e fixeron un concerto en Los Angeles, California.

Ligazóns externas Editar

The Smashing Pumpkins
Billy CorganMike Byrne
D'Arcy WretzkyJames IhaMelissa Auf der MaurJimmy ChamberlinJeff SchroederGinger ReyesLisa Harriton
Discografía
Álbumes de estudio: Gish | Siamese Dream | Mellon Collie and the Infinite Sadness | Adore | MACHINA/The Machines of God | MACHINA II/Friends and Enemies of Modern Music | Zeitgeist
Recopilatorios e EPs: Lull | Peel Sessions | Pisces Iscariot | Rotten Apples & Judas 0 | Earphoria | Rarities and B-Sides
Box Sets: Siamese SinglesThe Aeroplane Flies HighLive Smashing Pumpkins
Sinxelos: "I Am One" • "Tristessa" • "Siva" • "Rhinoceros" • "Cherub Rock" • "Today" • "Disarm" • "Rocket" • "Landslide" • "Bullet with Butterfly Wings" • "1979" • "Zero" • "Tonight, Tonight" • "Thirty-Three" • "The End Is the Beginning Is the End" • "Ava Adore" • "Perfect" • "Stand Inside Your Love" • "Try, Try, Try" • "Untitled" • "Tarantula" • "That's the Way (My Love Is)" • "G.L.O.W."
Videos: VieuphoriaGreatest Hits Video CollectionIf All Goes Wrong
Artigos relacionados
The MarkedStarchildrenZwanJimmy Chamberlin ComplexA Perfect Circle
Hole
Courtney Love | Eric Erlandson | Patty Schemel | Melissa Auf der Maur
Jill Emery | Leslie Hardy | Samantha Maloney | Kristen Pfaff | Lisa Roberts | Caroline Rue
Discografía
Álbumes e EPs: Pretty on the Inside | Live Through This | Ask for It | The First Session | My Body, the Hand Grenade | Celebrity Skin

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou