Rock Music
Register
Advertisement
Matt Cameron
Matt Cameron
{{{caption}}}
Nome completo Matthew Cameron
Nacido o 28 de novembro de 1962
Falecido o {{{morto}}}
Orixe San Diego, California. Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Instrumento(s) Batería
Bandas Soundgarden
Pearl Jam

Matthew Cameron (nacido o 28 de novembro de 1962) é un músico estadounidense. Tocou a batería na banda de grunge Soundgarden dende 1986 ata a súa separación en 1997. Despois da desaparición de Soundgarden foi invitado polos seus amigos de Pearl Jam, onde estivo tocando ata a actualidade.

Icono guitarra Importante Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dun músico é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de músicos en progreso aquí.

Biografía[]

Primeiros anos[]

Cameron comezou a tocar a batería a unha idade moi temperá. Aos 13 anos, el e algúns amigos tocaron nunha banda de versións chamada "Kiss". Durante ese tempo Matt coñeceu a Paul Stanley, da banda KISS. Sen embargo, despois dunha carta do manager de KISS ameazando aos rapaces con accións legais se seguían usando ese nome, a banda desfíxose.

En 1978, baixo o seudónimo "Foo Cameron", Matt cantou a canción "Puberty Love" que apareceu na película Attack of the Killer Tomatoes. A principios dos 80 trasladouse a Seattle e tocou na banda local feeDBack.

Carreira profesional[]

Skin Yard[]

Despois de tocar con Daniel House en feeDBack, Matt uníuse a el na recentemente formada Skin Yard, na cal estivo durante un ano. Como o seu baterista gravou o seu prmeiro álbum e escribiu o tema "Reptile" que aparece no seu primeiro álbum.

Soundgarden[]

En setembro de 1986, Cameron gañou moita notoriedade na escea musical local e foi elexido para tocar en Soundgarden, reemprazando ao baterista Scott Sundquist. Cameron tocou con Soundgarden, considerada unha das "catro grandes" bandas da era grunge de Seattle (xunto con Nirvana, Alice in Chains e Pearl Jam), dende 1986 ata a súa disolución en 1997. Con Soundgarden, Matt gravou os álbumes Ultramega OK, Louder Than Love, Badmotorfinger, Superunknown e Down on the Upside. A banda separaríase en 1987 debido a conflictos internos sobre a dirección creativa.

Pearl Jam[]

Case un ano despois da desaparición de Soundgarden, Cameron foi invitado polos seus amigos de Pearl Jam para tocar na xira do seu álbum Yield, despois de que o baterista Jack Irons abandonara a banda por motivos de saúde.

Pearl Jam
Jeff Ament | Stone Gossard | Mike McCready | Eddie Vedder | Matt Cameron
Boom Gaspar - Dave Krusen - Matt Chamberlain - Dave Abbruzzese - Jack Irons
Discografía
Álbumes: Ten - Vs. - Vitalogy - No Code - Yield - Binaural - Riot Act - Pearl Jam
Directos e recopilatorios: Live on Two Legs - Lost Dogs - Live at Benaroya Hall - Rearviewmirror: Greatest Hits 1991-2003 - Live in NYC 12/31/92 - Live at Easy Street
Soundgarden
Chris Cornell | Kim Thayil | Matt Cameron | Ben Shepherd
Scott Sundquist | Hiro Yamamoto | Jason Everman
Discografía
Álbumes: Ultramega OK | Louder than Love | Badmotorfinger | Superunknown | Down on the Upside
EPs: Screaming Life | Fopp | Loudest Love | Songs from the Superunknown
Recopilatorios: Screaming Life/Fopp | A-Sides

Cameron, Matt

Advertisement