Rock Music
Register
Advertisement
Mark Arm
Mark Arm
{{{caption}}}
Nome completo Mark McLaughlin
Nacido o 21 de febreiro de 1962
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Seattle, Washington. Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Instrumento(s) {{{instrumento}}}
Bandas Mudhoney
Green River


Mark Arm (nado como Mark McLaughlin o 21 de febreiro de 1962) é o vocalista e guitarrisata da banda de grunge Mudhoney. É tamén considerado o creador do termo grunge para describir o seu estilo de rock. A súa primeira banda, Green River, é probablemente a primeira banda deste movemento.

Primeiras bandas[]

Mark Arm entrou na escena musical de Seattle en 1980, despois de formar unha banda universitaria chamada Mr. Epp and the Calculations. A banda non fixo o seu primeiro concerto ata 1981, facendo de teloneiros de Student Nurse. Mark falaba de Mr. Epp como "a peor banda do mundo". En 1982 editaron un EP e ao ano seguinte introduciron como segundo guitarrista a Steve Turner e editaron un cassette. Mr. Epp and the Calculations separouse en 1984.

Despois do fin de Mr. Epp and the Calculations, Mark Arm e Steve Turner (que fixéranse grandes amigos) uníronse á banda Limp Richerds durante unhas semanas. Despois diso, Arm e Turner reclutaron a Jeff Ament, Stone Gossard e Alex Vincent para formar a banda Green River. Green River editou dous EPs e un álbum antes de separarse. Steve Turner deixou a banda para rematar os seus estudios, e Arm tivo que formar unha nova banda. Despois de que Turner voltase, eles retomaron o seu proxecto paralelo a Green River, The Thrown Ups.

Mudhoney[]

Arm e Turner formaron, xunto co baterista Dan Peters e o baixista Matt Lukin (antigo membro de The Melvins), Mudhoney. En 1988 Sub Pop editou o primeiro sinxelo da banda, "Touch Me, I'm Sick". Despois dunha longa xira e un EP, Mudhoney editou o seu álbum de debut, Mudhoney, en 1989. O seu seguinte traballo, Every Good Boy Deserves Fudge, chegou pouco despois, xusto antes do estoupido do grunge, gracias á edición do Nevermind de Nirvana. En 1992, a banda asinou por unha multinacional, Reprise, e editou Piece of Cake.

Aínda que nunca alcanzaría a fama dalgúns dos seus contemporaneos, Mudhoney é unha das poucas bandas de grunge que continúan editando álbumes. No 2002 editaron Since We've Become Translucent e o seu máis recente traballo, Under a Billion Suns, foi editado en marzo do 2006, através do selo Sub Pop. A contrubución de Arm e de Mudhoney á música grunge é realmente moi significante.

Mudhoney
Mark Arm · Steve Turner · Dan Peters · Guy Maddison
Matt Lukin · Wayne Kramer · Steve Dukich
Discografía
Álbumes: MudhoneyEvery Good Boy Deserves FudgePiece Of CakeMy Brother the CowTomorrow Hit TodaySince We've Become TranslucentUnder a Billion SunsThe Lucky Ones
EPs: | Superfuzz BigmuffBoiled Beef & Rotting TeethFive Dollar Bob's Mock Cooter StewBuckskin Stallion Blues

Arm, Mark

Advertisement