Rock Music
Advertisement
Manic Street Preachers Logo
Manic Street Preachers
{{{caption}}}
Orixe Blackwood
País País de Gales Bandeira Gales
Período 1989 - actualidade
Xénero(s)
Selo(s) discográfico(s) Sony
Membros James Dean Bradfield
Nicky Wire
Sean Moore
Antigos membros Richey James Edwards
Web oficial


Manic Street Preachers é unha banda galesa de rock fundada en Blackwood en 1989 por James Dean Bradfield (voz e guitarra), Nicky Wire (baixo), Sean Moore (batería) e Richey James Edwards (guitarra).

Historia[]

Orixes[]

A historia da banda comezou antes da súa formación oficial en 1989, xa que os catro membros eran amigos dende facía tempo e acostumaban a xogar ao fútbol xuntos. James chegou a ser un bo xogador, incluso chegou a xogar na selección xuvenil do País de Gales, e estivo a piques de facer unha proba no Arsenal, pero unha lesión rematou coa súa carreira deportiva.

A idea de formar unha banda surxíu nun principio en 1986, cando foron as conmemoracións dos 10 anos dos Sex Pistols, pero tardaron tres anos en levar a idea adiante. Nicky Wire e Richey estudaron na mesma universidade, e depois de graduarse Nicky formou unha banda con Sean Moore, James Dean Bradfield e un guitarrista coñecido como Flicker. A banda inicialmente chamábase Betty Blue e Richey inicialmente non formaba parte dela, a pesares de que convivise con eles e incluso deseñase a portada do primeiro sinxelo, "Suicide Alley", que foi pagado pola propia banda.

Inicios da banda[]

Pouco antes de ser lanzado o sinxelo, o grupo cambiou o nome Manic Street Preachers. A portada estaba inspirada no primeiro álbum de The Clash, o que confirmaba as influencias e a sonoridade do grupo naquel momento, unha mestura de punk e hard rock.

Nick Wire, outro amigo de varios anos, entrou na banda no lugar de Flicker na mesma época na que Richey James converteuse no segundo guitarrista. Estaba completa a formación considerada orixinal da banda. Corría o ano 1989.

O segundo lanzamento do grupo foi un EP de catro cancións, titulado New Art Riot, lanzado en 1990 e novamente financiado polo propio grupo. O álbum tiña unha evidente infuencia punk e letras de forte contido político e de crítica social. O EP obtivo unha grande repercusión nos medios, a pesares de que os comentarios fosen particularmente negativos. Eran incontables as comparacións dos Manic Street Preachers con Sham 69, outra banda da época.

Pero Manic Street Preachers xa chamara a atención do público, a banda tiña a reputación de ser un verdadeiro grupo socialista punk retro, usaban e vendían camisetas con eslóganes socialistas de Karl Marx entre outros e usaban maquillaxe no escenario. A parte visual da banda era un espetáculo aparte. Nesa época eles estableceron os seus obxectivos, nada modestos: lanzar un álbum de estrea dobre que vendese 16 millóns de copias e despois rematar coa banda. Así non existiría a posibilidade de "venderse" co éxito. Xunto a ese discurso eles tamén pretendían mudar radicalmente a sonoridade do grupo, a punto de se tornar irrecoñecible.

A discográfica Heavenly Records asinou coa banda e lanzou o sinxelo "Motown Junk", un dos temas clásicos de Manic Street Preachers. De seguido editaron un novo sinxelo, "You Love Us", outra grande canción da banda, que foi feita en resposta á prensa que se negaba a tomar á banda en serio. "You Love Us" chegou ao número 62 na lista británica, o que impulsou a carreira da banda.

Despois do éxito do sinxelo seguiu unha xira por todo o Reino Unido. A xira estivo chea de incidentes con borracheiras e enfrontamentos coa seguridade.

En maio de 1991 a Sony/Columbia asinou coa banda e o sinxelo "Stay Beautiful" foi lanzado un mes despois. Alcanzou o número 40 na lista, mostrando que a popularidade do grupo estaba aumentando. A partir daí as cousas melloraron e un relanzamento de "You Love Us" foi o primeiro sinxelo de Manic Street Preachers en entrar no top 20 británico en xaneiro de 1992, alcanzando o número 16. Os dous seguintes sinxelos, "Slash n' Burn" e "Motorcycle Emptiness" tamén entraron no top 20 e a banda conseguiu o seu primeiro sinxelo "top 10" con "Theme from M*A*S*H (Suicide is Painless)" en setembro daquel ano.

Generation Terrorist[]

Antes, en febreiro de 1992 foi lanzado o primeiro disco do grupo, o prometido álbum dobre Generation Terrorists (foi un LP dobre e un só CD). A portada do disco estaba baseada nunha tatuaxe de Richey.

A versión americana do disco foi modificada radicalmente pola discográfica, fíxose isto para facelo máis "amigable" para as radios e para encadralo na grungemania que reinaba na época. Ese feito irritou por aos integrantes da banda, que tampouco estaban contentos con como se organizou a xira polos Estados Unidos e coa duración da mesma. Despois destes concertos, a banda comezou outra xira no Reino Unido e Irlanda, tamén chea de incidentes.

A banda non se separou despois do primeiro disco tal como prometera e seguíu adiante. De calquera xeito, Generation Terrorists non vendeu os 16 millóns de copias que eles dicían, chegando apenas ás 300.000.

O último sinxelo de Generation Terrorists foi "Little Baby Nothing", que contiña un curioso dueto con Traci Lords, ex-atriz porno estadounidense.

Gold Against the Soul[]

En xuño de 1993, cinco meses despois do lanzamento do último sinxelo, foi lanzado "From Dispair To Where", rapidamente seguido polo segundo disco, Gold Against the Soul, cunha sonoridade máis pop e menos crua que o anterior álbum.

Discografía[]

Manic Street Preachers
James Dean Bradfield | Nicky Wire | Sean Moore
Richey James Edwards
Discografía
Álbumes: Generation Terrorists | Gold Against the Soul | The Holy Bible | Everything Must Go | This Is My Truth Tell Me Yours | Know Your Enemy | Lifeblood | Send Away the Tigers
Advertisement