Fandom

Rock Music

Mando Diao

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Mando Diao Logo.jpg
Mando Diao.jpg
{{{caption}}}
Orixe Borlänge
País Suecia Bandeira Suecia.png
Período 1995 - actualidade
Xénero(s) Garage rock, indie rock
Selo(s) discográfico(s) Mute Records, EMI, Majesty
Membros Gustaf Norén
Björn Dixgård
Carl-Johan Fogelklou
Samuel Giers
Mats Björke
Antigos membros
Web oficial http://www.mando-diao.com/


Mando Diao é unha banda de garage rock formada en Borlänge, Suecia no ano 1995. O nome da banda provén dun sono de Björn Dixgård.

Historia Editar

As raíces de Mando Diao remóntanse a 1995, cando Björn Dixgård era membro dunha banda chamada Butler. A formación da banda cambiou con bastante frecuencia, e catro anos despois os compoñentes que quedaban decidiron tomar o proxecto máis en serio. Björn Dixgård e Gustaf Norén encerráronse nunha casa de verán e pasaron 14 meses escribindo cancións.

Afirman que os Beatles son a súa principal fonte de inspiración. Realmente, Gustaf uniríase despois de que el e Björn falasen sobre o tema. Os dous bautizaron á banda Mando Diao.

A banda fixo as súas primeiras actuacións en público nos clubes da súa cidade, Borlänge, en 1999. Pouco despois conseguirían asinar un contrato con EMI Sweden. No ano 2002 editouse o seu primeiro álbum en Suecia, Bring 'Em In. Este contiña versións das súas primeiras demos, parcialmente gravadas no sótano do teclista Daniel Haglund que deixaría a banda no ano 2003. Nese ano o álbum sería lanzado internacionalmente polo selo MUTE, xunto co seu sinxelo de debut "Sheepdog".

A partires do 2004, a banda é tratada especialmente ben pola prensa musical como unha das bandas máis optimistas das recén aparecidas ese ano, cando se edita o seu álbum Hurricane Bar. O seu terceiro traballo, Ode to Ochrasy, aparecería no 2006. A finais dese ano a banda lanzaría un DVD chamado Down in the Past. Ode to Ochrasy foi editado no Reino Unido através do selo Nettwerk o 2 de abril do 2007 nun formato non editado anteriormente que contaba con 4 temas extra. En outubro do 2007 a banda editou o seu segunte traballo, Never Seen The Light Of Day, e en febreiro do 2009 editaron o seu último álbum ata a data, Give Me Fire, aparecendo o seu primeiro sinxelo, "Dance With Somebody", o día 16 de xaneiro.

Discografía Editar

ÁlbumesEditar

EPsEditar

Ligazóns externas Editar

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou