Fandom

Rock Music

MTV

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

MTV logo.jpg

Logo da MTV

MTV (Music Television) é unha emisora de televisión por cable con base en New York City. Comezou as súas emisións o 1 de agosto de 1981 co único propósito de amosar videos musicais.

Hoxe en día a MTV Networks conta con máis de 71.600.000 suscriptores en Estados Unidos e chega aos 301,2 millóns en 82 países; ten 9.105 afiliadas e emite 24 horas ao día.

Importante.pngArtigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre.

Historia Editar

Antecedentes Editar

A historia da MTV remóntase ao ano 1977, cando a Warner Cable (unha división de Warner Communications e antecedente de WASEC, Warner Satellite Entertainment Company) lanzou o primeiro sistema de televisión interactiva de cable, Qube, en Columbus, Ohio.

O sistema Qube ofrecía varias canles especializadas, incluíndo unha canle para nenos chamada Pinwheel que posteriormente pasaría a ser Nickelodeon. Unha destas canles era Sight On Sound, unha cadea musical que emitía concertos e programas orientados cara a música; e grazas ao servizo interactivo de Qube, os espectadores podían votar polos seus artistas e cancións favoritas.

O formato de programación da MTV foi creado polo executivo Robert W. Pittman, que posteriormente convertiríase no presidente e xefe executivo de MTV Networks. Pittman probara o formato musical producindo e emitindo un programa de 15 minutos, Album Tracks, na WNBC de New York a finais dos anos 70. O xefe de Pittman, o vicepresedinte executivo de Warner-Amex Satellite Entertainment John Lack, realizara unha serie de televisón chamada PopClips, a cal nas súa últimas emisións a finais dos anos 70 centrara a súa atención cara aos videos musicais.

No libro The Mason Williams FCC Rapport, o autor Mason Williams afirma que presentoulle unha idea á CBSpara un programa de televisión mesturando video e radio, onde os disc jockeys pincharían música das últimas tendencias. CBS anulou a idea, pero Williams estrearía a súa propia composición musical "Classical Gas" na Smothers Brothers Comedy Hour, onde era o principal guionista. O libro no cal se escribe isto foi publicado en 1971, dez anos antes de que a MTV comezase a emitir.

Estrea da MTVEditar

O 1 de agosto de 1981, ás 12:01 a.m., MTV: Music Television apareceu coas palabras "Ladies and gentlemen, rock and roll" pronunciadas por John Lack. Esas palabras foron seguidas polo tema orixinal da cadea, un riff de guitarra composto por Jonathan Elias e John Petersen, soando sobre unha montaxe do Apollo 11 alunizando. Os produtores da MTV Alan Goodman e Fred Seibert usaron esa filmacion de dominio público como un concepto, asociando a MTV aos momentos máis famosos da historia da televisión. No momento desa emisión, só uns poucos de milleiros de persoas cun sinxelo sistema de cable no norte de New Jersey puideron velo.

O primeiro video emitido pola MTV foi o de "Video Killed the Radio Star" de The Buggles e o segundo sería "You Better Run" de Pat Benarat. Esporadicamente, a pantalla poñíase en negro cando un empregado da MTV metía unha cinta no reproductor de video.

Coma programador xefe, Robert W. Pittman reclutou e dirixiu a un equipo para o lanzamento que incluía a Tom Freston, Fred Seibert, John Sykes, Judy McGrath, Julian Goldberg, Steve Casey, Marcy Brafman, Ronald E. "Buzz" Brindle e Robert Morton, algúns dos cales foron posteriormente importantes executivos na cadea.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou