Rock Music
Advertisement

thumb|250px|Leo Fender en 1978 Clarence Leonidas Fender (10 de agosto de 1909 - 21 de marzo de 1991) foi un constructor de guitarras estadounidense, fundador da Fender Electric Instrument Manufacturing Company, agora coñecida como Fender Musical Instruments Corporation, e posteriormente fundou a G&L Musical Products (G&L Guitars). Os seus deseños de guitarras, baixos e amplificadores dos anos 50 continuan dominando na música popular medio século despois.

Naceu en Anaheim, California e na súa adolescencia aficionouse a manipular radios. Pouco a pouco foi interesándose nos amplificadores e nos aparatos electrónicos en xeral. Empezou traballando como contable no California Highway Department, pero debido á gran depresión perdeu o seu traballo. Despois diso montou un negocio propio, a Fender Radio Service, onde arranxaba radios, pero no que tamén se adicaba a reparar amplificadores e guitarras.

A idea dunha guitarra eléctrica de corpo macizo atraíao, e a principios dos anos 40 construíu un prototipo que alugaba aos músicos da zona e chegou a facerse bastante popular. Pouco tempo despois fundou a compañís K&F con "Doc" Kauffman, que participara no deseño dalgunhas das guitarras eléctricas Rickenbacker Electro. K&F adicouse principalmente á fabricación de guitarras steel eléctricas e amplificadores, pero só durou ata 1946, cando Leo fundou a Fender Electric Instrument Manufacturing Company.

En 1948, George Fullerton asociouse con Fender, e entre os dous deseñaron a Broadcaster, que ao pouco tempo cambiou o seu nome polo de Telecaster, debido a que Gretsch tiña rexistrado o de Broadcaster. Uns poucos modelos de transición, chamados "No-casters", non levan nome no clavixeiro.

Fender continuou creando innovacións, pero púxose enfermo e en 1965 vendeu a súa empresa a CBS por 13 millóns de dólares. Pouco despois, a súa saúde mellorou e Leo incorporouse á CBS/Fender durante un breve período. Abandonou CBS en 1970 para deseñar instrumentos en Music Man e G&L, e morreu en marzo de 1991 por complicacións co Parkinson.

Advertisement