Rock Music
Register
Advertisement
Led Zeppelin Logo
Led Zeppelin
{{{caption}}}
Orixe Londres
País Inglaterra Bandeira Inglaterra (borde)
Período 1968 - 1980
Xénero(s) Hard rock, blues-rock, folk rock, heavy metal
Selo(s) discográfico(s) Atlantic, Swan Song
Membros Jimmy Page
Robert Plant
John Bonham
John Paul Jones
Antigos membros
Web oficial http://www.ledzeppelin.com/

Led Zeppelin foi unha banda inglesa fundada en 1968 polo guitarrista Jimmy Page trala disolución do seu anterior grupo, The Yardbirds. Coa colaboración do baixista John Paul Jones, ao que xa coñecía de antigos traballos, a inclusión de Robert Plant como vocalista e John Bonham como baterista, quedaría conformada unha das bandas máis importantes da historia do rock, fundadores do hard rock e mesmo do heavy metal. Tamén en toda a súa discografía se inclúen influencias de blues, reggae, soul, funk, jazz, folk e country.

Máis de 25 anos despois da súa disolución en 1980, os seus discos aínda se seguen vendendo e continúan a ser un grupo de grande influencia na música actual. Teñen vendido ó redor de 109 millóns de discos en EEUU e calcúlase que uns 300 millóns en todo o mundo.

Importante Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dunha banda é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de bandas en progreso aquí.

Historia[]

The New Yardbirds[]

Os comezos de Led Zeppelin poderían remontarse á banda inglesa The Yardbirds. Page uníuse a The Yardbirds en 1966 para tocar o baixo en substitución do seu baixista orixinal, Paul Samwell-Smith, despois de que este abandonase o grupo. Pouco despois, Page cambiou do baixo á guitarra, posto que tamén ocupaba Jeff Beck.

Despois da saída de Beck en outubro de 1966, The Yardbirds, cansos de constantes xiras e gravacións, comezaron a esfumarse. Page quería formar un supergrupo con el e Beck nas guitarras, e coa sección rítmica de The Who (o baterista Keith Moon e o baixista John Entwistle. Como vocalistas para oproxecto foron considerados Donovan, Steve Winwood e Steve Marriott. A banda nunca chegaría a formarse, aínda que Page, Beck e Moon gravaron unha canción xuntos en 1966, "Beck's Bolero", que aparece no álbum de Beck de 1968, Truth. Nesas sesións de gravación tamén estaba presente o baixista-teclista John Paul Jones, que lle dixo a Page que estaba interesado en colaborar con el en futuros proxectos.

The Yardbirds realizaron o seu derradeiro concerto en xullo de 1968. Sen embargo, eles comprometéranse a realizar varias actuacións en Escandianavia, polo que o baterista Jim McCarty e o vocalista Keith Relf autorizaron a Page e ao baixista Chris Dreja a usar o nome da banda para cumprir con esas obrigas. Page e Dreja comezaron a buscar unha nova formación. A primeira elección de Page para a voz, Terry Reid, declinou o ofrecimento, pero suxeriu a Robert Plant, un vocalista de West Bromwich. Plant aceptou, recomendando ao baterista John Bonham. Cando Dreja decidiu sair do proxecto para facerse fotógrafo, John Paul Jones, suxerido pola súa muller, contactou con Page polo posto vacante. Coñecendo as súas credenciais, Page estivo de acordo en que Jones se fixese con ese posto.

O grupo reuníuse por vez primeira nunha habitación debaixo dunha tenda de discos en Gerrard Street, Londres. Entre o 19 de agosto e o 7 de setembro de 1968, a nova banda compuxo as súas primeiras cancións, fortemente influenciadas pola música blues.

O seu primeiro cometido foi rematar a xira pendente por Escandinavia baixo o nome de "The New Yardbirds", na que tocaron algúns dos temas que formarían parte do seu álbum de debut. O primeiro concerto cos catro músicos xuntos seróa o día 7 de setembro no Gladsaxe Teen Clubs en Gladsaxe, Dinamarca.

Despois da xira, e xa baixo o nome de "Led Zeppelin", Peter Grant, mánager da banda, déulles 200.000 dólares para realizar os eu primeiro álbum. Tal suma de cartos proviña do selo Atlantic Records, que estaba interesado en fichar o maior número posible de grupos que estaban surxindo durante aquela época movéndose entre o blues e o hard rock, algo que Led Zeppelin cumplía á perfección, polo que Atlantic contratou á banda sen nin sequera velos, só baixo a recomendación de Dusty Springfield. Baixo os termos do contrato asegurado por Grant, a banda podería decidir cando quería editar os álbumes e facer as xiras, e tiña poder de decisión sobre os contidos e deseños dos álbumes. Tamén podían elexir como promocionar cada traballo e os sinxelos dos mesmos. Tamén formaron a súa propia compañia, Superhype, para manexar os dereitos de publicación.

Primeiros anos[]

Co seu primeiro álbum aínda non editado, a banda realizou o seu debut en directo co nome "Led Zeppelin" na universidade de Surrey, Guildford o 25 de outubro de 1968. Este foi seguido por un concerto de estrea nos Estados Unidos o 26 de decembro do mesmo en Denver, ano antes de moverse á costa leste para datas en Los Angeles, San Francisco e outras cidades. O álbum de debut de Led Zeppelin foi editado o 12 de xaneiro de 1969, durante a súa primeira xira polos Estados Unidos. O álbun contén unha mestura de blues, folk e influencias do leste con amplificación distorsionada facendo del un dos pilares na creación da música heavy metal. No seu primeiro álbum Plant non foi acreditado polas súas contribucións na composición dos temas pola súa previa asociación coa CBS Records.

Nunha entrevista para o CD promocional Led Zeppelin Profiled de 1990, Page dixo que o álbum fixérase en 36 horas de estudo (incluíndo a mestura), e afirmou sabelo polo total das facturas do estudio. Peter Grant asegurou que a produción do álbum custara 1.750 libras, e para o ano 1975 o traballo levaba sacado ao redor dos 7 millóns de dólares.

No seu primeiro ano, Led Zeppelin completou catro xiras nos Estados Unidos e catro no Reino Unido, e tamén editou o seu segundo álbum, titulado Led Zeppelin II. Gravado case enteiramente en ruta en varios estudos norteamericanos, o segundo álbum foi un éxito aínda maior que o primeiro e acadou o número un dos listas nos Estados Unidos e o Reino Unido. Aquí a banda continuou desenvolvendo as ideas establecidas no seu álbum de debut, creando un traballo que foi máis aclamado e máis influínte. Na actualidade considérase que Led Zeppelin II é talvez a principal referencia para as bandas de heavy metal que apareceron posteriormente.

Despois da edición do álbum, Led Zeppelin completou varias xiras máis polos Estados Unidos. Inicialmente soían tocar en clubs e salóns de baile, pero a mediada que a súa popularidade medraba comezaron a facelo en auditorios máis grandes e en estadios. Os conceros de Led Zeppelin podían chegar ás catro horas, con versións extendidas dos seus temas e improvisacións. Moitos deses concertos se conservaron coma bootlegs de Led Zeppelin. Tamén foi durante este período de actuacións intensivas cando a banda desenvolveu a súa reputación polos escesos fóra do escenario.

A popularidade de Led Zeppelin neses primeiros anos foi eclipsada polos seus éxitos de mediados dos 70 e é nese periodo cando se continua definindo a banda. A súa imaxe tamén cambiou cando os seus membros comezaron a vestir roupa máis elaborada e flamante. Led Zeppelin comezou a viaxar nun avión privado (alcumado The Starship), alugaba partes enteiras de hoteis, e converteuse na protagonista de moitas das historias máis famosas do rock.

Discografía[]

Ligazóns externas[]

Advertisement