Rock Music
Advertisement
Kristen Pfaff
Kristen Pfaff
{{{caption}}}
Nome completo Kristen Pfaff
Nacido o 26 de maio de 1967
Falecido o 16 de xuño de 1994
Orixe Buffalo, Nova York. Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Instrumento(s) {{{instrumento}}}
Bandas Hole

Kristen Pfaff (26 de maio de 1967 - 16 de xuño de 1994) foi unha baixista de Buffalo, Nova York, coñecida polo seu traballo coa banda Hole. Morreu dunha sobredose de heroína aos 27 anos.

Biografía[]

Kristen Pfaff naceu e criouse en Buffalo, New York, asistindo á Buffalo Academy of the Sacred Heart. Ela pasou un curto período en Europa antes de ir á universidade no Boston College primeiro e despois na University of Minnesota. Tamén estudou piano clásico e cello.

Janitor Joe[]

Cando vivia en Minneapolis, Minnesota, despois da súa graduación, Pfaff aprendeu a tocar o baixo. Ela, o guitarrista/vocalista Joachim Breuer (antigo membro da banda de Minneapolis Bastards) e o baterista Matt Entsminger formaron a banda Janitor Joe. O seu primeiro sinxelo, "Hmong", foi editado pola recente OXO records en 1992, e o popular selo local Amphetamine Reptile contratounos, editándolles o sinxelo "Bullethead", seguido polo 7" Boyfriend en 1993 e o seu álbum de debut Big Metal Birds.

Janitor Jou era un bo exemplo do son que estaba surxindo en Minneapolis. A escea musical da zona foi medrando e cobrando importancia, comezando a atraer a atención da prensa cara 1993. Amphetamine Reptile editou un sinxelo da banda, "Stinker", e Janitor Joe comezou unha xira por todo o país. Foi polo seu paso por California ese ano cando Pfaff foi vista por Eric Erlandson e Courtney Love de Hole, que nese tempo andaman na procura dun novo baixista. Love invitou a Pfaff a tocar con Hole, Pfaff declinou e voltou a Minneapolis, pero Erlandson e Love insistiron.

Hole[]

Pfaff inicialmente era reacia a abandoar Minneapolis e unirse a Hole, pero reconsiderou a oferta despois dun consello do seu pai. En 1993, Pfaff mudouse da súa casa de Minneapolis cara Seattle, Washington, para traballar cos demais membros de Hole no álbum Live Through This. A nova formación da banda, Love, Erlandson, Pfaff e Patty Schemel, entrou no estudio a principios de 1993 para comezar os ensaios.

Seattle[]

O tempo de Pfaff en Seattle foi un período creativamente moi rico e ademais trabou unha moi boa amizade con Eric Erlandson e Kurt Cobain. Mentres traballaban no álbum Live Through This, Pfaff e Erlandson comezaron a saír xuntos, e estiverón facéndoo durante a maior parte de 1993, antes de deixalo.

Hole
Courtney Love | Eric Erlandson | Patty Schemel | Melissa Auf der Maur
Jill Emery | Leslie Hardy | Samantha Maloney | Kristen Pfaff | Lisa Roberts | Caroline Rue
Discografía
Álbumes e EPs: Pretty on the Inside | Live Through This | Ask for It | The First Session | My Body, the Hand Grenade | Celebrity Skin
Advertisement