Rock Music
Register
Advertisement
250px
King Crimson
{{{caption}}}
Orixe
País Inglaterra Bandeira Inglaterra (borde)
Período 19691974
19811984
1994 – actualidade
Xénero(s) rock progresivo
Selo(s) discográfico(s) Island Records, Atlantic Records, E.G. Records, Virgin Records, Warner Bros. Records, Discipline Global Mobile, Caroline Records
Membros Robert Fripp
Adrian Belew
Tony Levin
Pat Mastelotto
Antigos membros
Web oficial http://www.dgmlive.com/


King Crimson é unha banda fundada polo guitarrista Robert Fripp e o baterista Michael Giles en 1969. Soen ser catalogados como unha banda de Rock progresivo, a pesares de ter incorporado á súa música influenzas moi variadas, dende jazz, música clasica e experimental ata sicodelia, New Wave, hard rock e folk.

Importante Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dunha banda é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de bandas en progreso aquí.

Historia[]

Orixes[]

King Crimson formouse en novembro de 1968 en Inglaterra por Robert Fripp e Michael Giles, despoi da disolución do seu primeiro intento de grupo chamado Giles, Giles and Fripp, no cal tamén tocaran con Peter Giles, o irmán de Michael. Os músicos recrutados por Giles e Fripp para a súa nova agrupación foron o guitarrista Greg Lake, quen faría de baixista e cantante, o letrista Peter Sinfield e o compositor Ian McDonald.

En 1969 o grupo debutou como teloneiros dos Rolling Stones nun concerto en Hyde Park, e gravou o seu primeiro disco, In the Court of the Crimson King, en outubro. Tambén realizaron a súa primeira xira por Europa e Norteamérica. A finais dese ano surxiron tensións e diferencias creativas que desembocaron na saída de Michael Giles e Ian McDonald da banda, quenes ao ano siguiente gravaron un álbum co nome de McDonald and Giles.

Anos setenta[]

Robert Fripp con Greg Lake e Peter Sinfield continuaron King Crimson momentaneamente como trío, e foi así como gravaron en 1970 o seu segundo disco, In the Wake of Poseidon, no cal incorporouse ao grupo o músico Mel Collins, e tamén participou o anterior socio de Fripp, Peter Giles.

Greg Lake abandonou a banda no mes de abril, debido ao carácter de caudillo de Fripp e á constante imprevisión en canto a composición e elaboración dos seus temas sen unha liña determinada, para formar con Keith Emerson e Carl Palmer o grupo de rock progresivo Emerson, Lake & Palmer, e deixando a King Crimson sen vocalista ata que Gordon Haskell tomou ese lugar e tamén o de baixista para Lizard, o terceiro álbum de la banda, tamén de 1970. Haskell xa gravara con King Crimson en In the Wake of Poseidon, na canción "Cadence and Cascade".

Andy McCulloch tocou a batería en Lizard, ademais da participación de Jon Anderson do grupo Yes nunha das cancións. Haskell e McCulloch abandonaron a banda pouco antes do lanzamiento de Lizard, deixando a King Crimson sen vocalista, baixista nin batería.

Fripp comezou entón a audicionar a novos músicos para suplir os postos vacantes. O batería Ian Wallace e o vocalista Boz Burrell foron los seleccionados e coma ningún baixista convenceu a Fripp, decidiu sinxelamente ensinar a Burrell a tocar o baixo. En 1971 realizaron o cuarto álbum da banda, Islands. Ao rematar ese ano Peter Sinfield abandonou o grupo, e entón os membros restantes realizaron en 1972 unha nova xira chamada Earthbound coa plena intención de disolver a agrupación ao rematala. Pouco despois, co material grabado desa xira, Fripp editou o disco Earthbound, o seu primeiro álbum en directo.

Sen embargo, despois da xira Earthbound, Collins, Burrell e Wallace abandonaron King Crimson para unirse a Alexis Korner nunha banda chamada Snape. Fripp outra vez buscou a novos membros para rearmar a King Crimson. O primeiro elixido foi o percusionista Jamie Muir, quen dende antes xa fora considerado por Fripp como un posible membro para o grupo. O seguinte foi o vocalista e baixista John Wetton, a quen Fripp coñecía dende o colexio. Wetton tamén fora considerado anteriormente para ser membro pero o seu ingreso non se concretara.

O ex-baterista de Yes, Bill Bruford, foi o seguinte elixido, unha decisión que foi criticada por moita xente, xa que Bruford abandonou Yes, un grupo de gran calidade e moito potencial, por King Crimson, que xa tiña un historial de moita inestabilidade e moi impredicible. O mesmo Bruford revelou que estaba máis interesado nos fins artísticos e que por elo ingresara en King Crimson. Finalmente, David Cross foi seleccionado como executante de viola, violín e teclados para reinventar o sonido da nova agrupación. Comezaron a traballar en 1972 e para o seguinte ano concretaron o seu novo álbum, Larks' Tongues in Aspic. Muir abandonou King Crimson pouco despois da edición de Larks' Tongues in Aspic. O grupo embarcouse entón nunha nova xira por Europa e Estados Unidos.

Esta etapa de King Crimson caracterizouse pola influencia que recibiu da nacente música heavy metal que se estaba a desenvolver principalmente nos Estados Unidos e en Gran Bretaña. A guitarra de Fripp amosouse máis agresiva, así como a batería de Bruford, que soaba máis potente.

A finais de 1973, o grupo preparou o seu seguinte álbum, Starless and Bible Black, que estivo rematado a principios de 1974. Este disco convertiu ao King Crimson desa época no primeiro en manterse intacto durante máis dunha xira e máis dun disco. A maior parte do disco foi gravado en concertos durante 1973, con só dous temas gravados en estudio ("The Great Deceiver" e "Lament"), outro dos temas foi só parcialmente gravado en estudio ("The Night Watch"), o cal demostrou que King Crimson era esencialmente un grupo para tocar en vivo. Fripp sempre considerou axeitado capturar a atmósfera e a enerxía das presentacións en vivo e por elo gravou as cancións nos concertos.

David Cross comezou a cuestionar o seu lugar no grupo. O seu rol coma violinista fora máis importante ao principio desta nova versión de King Crimson, pero a progresión e a agresividade musical que manexaban nese intre reduxeron notablemente as súas contribucións ao son da banda. Abandonou o grupo cando comezaron a gravar o seu seguinte álbum, Red.

Discografía[]

Ligazóns externas[]

Advertisement