Rock Music
Register
Advertisement
Kim Thayil
Kim Thayil
{{{caption}}}
Nome completo
Nacido o 4 de setembro de 1960
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Seattle, Washington. Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Instrumento(s) guitarra
Bandas Soundgarden

Kim Thayil (nacido o 4 de setembro de 1960 en Seattle, Washington) é un músico coñecido polo seu traballo na banda de grunge Soundgarden, a cal fundou xunto con Chris Cornell e Hiro Yamamoto en 1984.

Biografía[]

Nacido en Seattle en 1960, medrou no suburbio de Chicago de Park Forest, pasando algun tempo na India. Os pais de Thayil son do estado da India de Kerala.

Coñeceu a Hiro Yamamoto no Rich East High School en Park Forest. Despois de graduarse mudouse a Washington, onde estudou filosofía na University of Washington. Uníuse a Chris Cornell, un compañeiro de habitación, para fundar Soundgarden en 1984. Soundgarden converteuse na primeira banda grunge de Seattle en asinar un contrato cunha grande discográfica (A&M Records), editou tres álbumes de platino e gañou dous premios Grammys. A banda desfaríase en abril de 1997.

Despois da disolución de Soundgarden, Thayil contribuiu coas bandas Pigeonhed e The Presidents of the United States of America. Máis recentemente, gravou a guitarra no tema "Blood Swamp" do álbum do 2006 Altar de SunnO)))/Boris.

En 1999 Thayil formou unha banda punk, The No WTO Combo, con Jello Biafra (antigo membro de Dead Kennedys), Krist Novoselic (anteriormente en Nirvana e nese tempo en Sweet 75) e Gina Mainwal (tamén en Sweet 75). A banda creouse pola celebración do Cumio de Seattle por parte da Organización Mundial de Comercio en 1999, como parte das actividades de protesta na súa contra. Inicialmente axendouse un concerto para o día 30 de novembro, pero a policía obrigou a que se celebrase a seguite noite. Ese foi a primeira actuación de Thayil dende a separación de Soundgarden. O concerto foi gravado e mesturado polo produtor Jack Endino; e foi editado co nome Live from the Battle in Seattle en maio do 2000.

Soundgarden
Chris Cornell | Kim Thayil | Matt Cameron | Ben Shepherd
Scott Sundquist | Hiro Yamamoto | Jason Everman
Discografía
Álbumes: Ultramega OK | Louder than Love | Badmotorfinger | Superunknown | Down on the Upside
EPs: Screaming Life | Fopp | Loudest Love | Songs from the Superunknown
Recopilatorios: Screaming Life/Fopp | A-Sides
Advertisement