Rock Music
Advertisement
Kansas Logo
Kansas banda
{{{caption}}}
Orixe Topeka, Kansas
País Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Período 1971 - actualidade
Xénero(s) Rock progresivo, hard rock
Selo(s) discográfico(s) Sony BMG/Kirshner/CBS Associated/Epic, MCA, Intersound, River North, King Biscuit Flower, Magna Carta, Compendia, Sony Special Products
Membros Phil Ehart
Billy Greer
Rich Williams
Steve Walsh
David Ragsdale
Antigos membros Robby Steinhardt
Dave Hope
Kerry Livgren
John Elefante
Steve Morse
Greg Robert
Web oficial http://www.kansasband.com/


Kansas é unha banda estadounidense de rock progresivo que se convertiu nunha popular banda de arena rock nos anos 70, con sinxelos coma "Carry On Wayward Son" e "Dust in the Wind". Grazas a isto, Kansas converteuse nun fixo das radios de rock clásico, e soe dar xiras por Europa e os Estados Unidos.

Importante Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dunha banda é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de bandas en progreso aquí.

Historia[]

Dave Hope (baixo), Phil Ehart (batería) e Kerry Livgren (guitarra e posteriormente teclados) formaron Kansas no ano 1970 na súa cidade, Topeka, en Kansas, xunto co vocalista Lynn Meredith de Manhattan, tamén en Kansas, os teclistas Don Montre e Dan Wright e o saxofonista Larry Baker.

Un ano antes, Lynn Meredith, Don Montre, Dan Wright e Kerry Livgren actuaban nunha banda chamada The Reasons Why. Despois de que a banda cambiase o seu nome polo de Saratoga, eles comezaron a tocar material orixinal de Livgren con Scott Kessler tocando o baixo e Zeke Lowe na batería. En 1970, cambiaron novamente o seu nome, desta vez para Kansas, e engadiron máis membros á formación. Este primeiro plantel da banda, que durou ata 1971, cando Ehart marchou a Inglaterra, soe coñecerse coma Kansas I.

Ehart reemprazado por Zeke Lowe e posteriormente por Brad Schulz, Hope foi substituído por Rod Mikinski no baixo, e Baker por John Bolton no saxofón e na frauta. Mentres tanto, Ehart e Hope formaron un grupo chamado White Clover con Robby Steinhardt (violín, voces), Steve Walsh (teclado, voces) e Rich Williams (guitarra). Eles cambiaron o seu nome a Kansas cando reclutaron a Livgren desa segunda formación de Kansas. A terceira formación da banda, chamada Kansas III, conseguiu un contrato co selo de Don Kirshner, do mesmo nome, e entón gravaron o primeiro álbum do grupo pouco despois.

O álbum de debut, Kansas, que foi editado en marzo de 1974, xa amosaba o estilo da banda: unha mestura de guitarras, teclados, voces e a forma de tocar o violín de Steinhardt, fusionado cun estilo boogie-rock e complexos arranxos sinfónicos e cambios de tempo. O seu son levaba a marca do rock progresivo de finais dos 60 e principios dos 70, coma o de Genesis e Emerson, Lake, and Palmer. A promoción que lle dou o selo Kirshner e a xira posterior ao álbum, así como os dous discos que o seguiron, Song for America e Masque, aumentaron o coñecemento da banda.

O cuarto álbum da banda, Leftoverture , editouse en outubro de 1976, destacando o seu sinxelo "Carry On Wayward Son", onde Steinhardt engade a viola e Walsh o vibráfono. O sinxelo sería moi radiado no florecente formato AOR (album oriented rock).

Discografía[]

Álbumes de estudio[]

Advertisement