Fandom

Rock Music

Juan Alderete

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Juan Alderete
Juan Alderete.jpg
{{{caption}}}
Nome completo Juan Alderete
Nacido o 5 de setembro de 1963
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Los Angeles, California. Estados Unidos Bandeira Estados Unidos.png
Instrumento(s) {{{instrumento}}}
Bandas The Mars Volta

Juan Alderete (nacido o 5 de setembro de 1963) é un baixista estadounidense coñecido polo seu traballo na banda Racer X, onde aparecía co nome John Alderete. A pesares de que continua en Racer X, Juan actualmente dedica a maior parte do tempo á banda The Mars Volta.

Biografía Editar

Juan Alderete naceu en Los Angeles, California, sendo o cuarto dos cinco fillos do matrimonio formado por Angel e Alicia Alderete. Despois de trasladarse de Los Angeles a San Francisco, a finais dos anos 70, el comezou a amosar interese por tocar música durante a súa adolescencia.

Seu pai era un grande admirador do jazz e estivo exposto a esta música grazas a el. Outras primeiras influencias de Alderete incluían os álbumes de rock progresivo do seu, que escoitaba bandas como Yes, Rush ou King Crimson. Juan comezou a aprender as bases do baixo cando tiña 16 anos, e estivo influenciado por baixistas como Jaco Pastorius, Geddy Lee e Stanley Clarke. A súa fascinación polo baixo desenvolveuse nel ao ser un instrumento pouco apreciado na época.

Despois do instituto, Juan matricuñouse no Musicians Institute en Hollywood (Los Angeles). El desfrutou o seu tempo nese centro, explicando que foi capaz de aprender técnicas e estilos que nunca considerara antes de matricularse. Tamén durante ese tempo, el coñeceu a un novo guitarrista chamado Paul Gilbert, e os dous montaron a banda Racer X.

Racer X Editar

Juan e Paul Gilbert, que tamén estudaba no Musicians Institute, comezaron a súa relación musical durante unha audición que Paul fixo para atopar un baterista. Juan foi á audición co seu amigo e baterista Bill Lescohier. Aínda que Lescohier foi rexeitado, Paul quedou impresionado coa forma de tocar de Juan, e os dous rapidamente procuraron formar unha banda de speed metal. Para completala uniríanse Harry Gschoesser no posto de baterista e Jeff Martin como vocalista. bautizaríanse co nome Racer X (que Lescohier suxerira). Con esta formación a banda editou o seu primeiro álbum, Street Lethal, en 1986. Juan gravou con Racer X dende entón (aínda que tivo un parón de 10 anos dende 1989), ata o seu derradeiro álbum editado no 2002, titulado Getting Heavier. Juan aparece como John Alderete en todos os traballos de Racer X.

Catro anos despois da formación da banda Paul Gilbert deixou Racer X para crear o grupo Mr. Big. Os membros restantes decidiron permanecer en actividade, a pesares de que tomaron distintos camiños. Durante os seguintes dez anos Juan estivo envolto en varias bandas (incluíndo The Scream, DC-10, Big Sir e Distortion Felix) e tamén comezou a dar clases no Musicians Institute. Pouco despois editou o seu primeiro video sobre técnicas de baixo e modulación.

The Mars Volta
Omar Rodríguez-López | Cedric Bixler-Zavala | Isaiah Ikey Owens | Juan Alderete | Dave Elitch | Marcel Rodríguez-López
Eva Gardner - Jeremy Michael Ward - Jon Theodore - Adrián Terrazas-González - Paul Hinojos - Thomas Pridgen - John Frusciante
Discografía
Álbumes: De-Loused in the Comatorium | Frances the Mute | Amputechture | The Bedlam in Goliath | Octahedron
EPs: Tremulant | Live

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou