Rock Music
Register
Advertisement
Jonathan Melvoin
200px
{{{caption}}}
Nome completo Jonathan David Melvoin
Nacido o 6 de decembro de 1961
Falecido o 12 de xullo de 1996
Orixe Los Angeles, California. Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Instrumento(s) teclados
Bandas The Smashing Pumpkins, The Revolution, Wendy & Lisa


Jonathan David Melvoin (6 de decembro de 1961 - 12 de xullo de 1996) foi un teclista estadounidense activo durante os anos 80 e 90.

Era o irmán de Susannah e Wendy Melvoin da banda Prince and the Revolution. Primeiro aprendeu a tocar a batería, e actuou con varias bandas de punk rock nos 80 coma The Dickies, e tamén contribuiu co proxectos Wendy & Lisa, así coma con Prince and the Revolution no seu álbum Around the World in a Day. No intre da súa morte era teclista de xira de The Smashing Pumpkins, durante a súa presentación mundial do álbum Mellon Collie and the Infinite Sadness.

Morreu en New York City debido a unha sobredose de heroína cando tiña 34 anos. O baterista de The Smashing Pumpkins Jimmy Chamberlin, que estaba con el, tentou revivilo sen éxito. Hai moito misterio e especulacións sobre o que realmente pasou. Os operadores do 911 aconsellaron a Chamberlin poñer a cabeza de Melvoin na ducha nun intento de revivilo mentres non chegaban os médicos. Melvoin foi declarado morto no lugar. Chamberlin sería posteriormente despedido da banda. Segundo a mesma, ambos xa tiveran algún incidente coas drogas anteriormente. Melvoin xa fora despedido, pero estaba continuando a xira con The Smashing Pumpkins ata o final desa parte da mesma. O seu reposto ía ser Dennis Flemion de The Frogs. O seu derradeiro concerto foi no Capital Centre en Landover, Maryland.

Os membros de The Smashing Pumpkins non foron convidados ao seu enterramento. Jonathan deixou unha muller e un neno. Moitos temas inspiráronse na súa morte, coma "Angel" de Sarah McLachlan, "Jonathan" de Wendy & Lisa e o tema de Prince "The Love We Make" do seu álbum Emancipation.

Ligazóns externas[]

The Smashing Pumpkins
Billy CorganMike Byrne
D'Arcy WretzkyJames IhaMelissa Auf der MaurJimmy ChamberlinJeff SchroederGinger ReyesLisa Harriton
Discografía
Álbumes de estudio: Gish | Siamese Dream | Mellon Collie and the Infinite Sadness | Adore | MACHINA/The Machines of God | MACHINA II/Friends and Enemies of Modern Music | Zeitgeist
Recopilatorios e EPs: Lull | Peel Sessions | Pisces Iscariot | Rotten Apples & Judas 0 | Earphoria | Rarities and B-Sides
Box Sets: Siamese SinglesThe Aeroplane Flies HighLive Smashing Pumpkins
Sinxelos: "I Am One" • "Tristessa" • "Siva" • "Rhinoceros" • "Cherub Rock" • "Today" • "Disarm" • "Rocket" • "Landslide" • "Bullet with Butterfly Wings" • "1979" • "Zero" • "Tonight, Tonight" • "Thirty-Three" • "The End Is the Beginning Is the End" • "Ava Adore" • "Perfect" • "Stand Inside Your Love" • "Try, Try, Try" • "Untitled" • "Tarantula" • "That's the Way (My Love Is)" • "G.L.O.W."
Videos: VieuphoriaGreatest Hits Video CollectionIf All Goes Wrong
Artigos relacionados
The MarkedStarchildrenZwanJimmy Chamberlin ComplexA Perfect Circle

Melvoin, Jonathan Melvoin, Jonathan Melvoin, Jonathan

Advertisement