Rock Music
Advertisement
Joey Waronker
Joey Waronker
{{{caption}}}
Nome completo Joseph Waronker
Nacido o 21 de maio de 1969
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Los Angeles, California. Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Instrumento(s) {{{instrumento}}}
Bandas

Joseph "Joey" Waronker (nacido o 21 de maio de 1969 en Los Angeles, California) é un produtor e baterista estadounidense. El é o fillo do produtor musical Lenny Waronker e da cantante e actriz Donna Loren; a súa irmá menor é a musico Anna Waronker; e o seu avó é o violinista profesional e empresario musical Simon Waronker. Ten tamén outra irmá, Katie.

Biografía[]

Waronker deuse a coñecer a principios dos 90 polo seu traballo con Beck, co que traballaría nos seus discos Odelay, Mutations, Midnite Vultures, Sea Change, e Guero. Foi tamén baterista de sesión no álbum de The Smashing Pumpkins Adore, editado en 1988. A pesares de so tocar en tres dos temas do disco, Waronker foi invitado a converterse no baterista da banda, pero declinou polas condicións económicas.

O seu primeiro proxecto profesional fai a banda indie Walt Mink, baseada en St. Paul, Minnesotta, a principios dos 90, que formou cando asistía ao Macalester College. Tamén foi membro de Ima Robot durante un breve período de tempo a principios dos anos 2000.

Entre 1998 e 2002, Waronker estivo de xira con R.E.M. e apareceu en dous dos seus álbumes, Up, de 1998 e Reveal do ano 2001, despois da marcha do baterista Bill Berry a finais de 1997.

En 1998, Waronker tocou a batería en dúas cancións ("Bled White" e "Bottle Up and Explode!") do disco de Elliott Smith XO. No ano 2000 tamén aparecería en "Stupidity Tries" do seguinte disco de Smith, Figure 8. Tamén traballou con Johnny Cash e Nelly Furtado, e no 2005 aparecería no disco de Paul McCartney Chaos and Creation in the Backyard, tocando a batería, bongos e shakers.

No ano 2003, Waronker uníuse a Beck na xira do Sea Change, tocando só nuns poucos concertos en Australia e Xapón. En decembro do 2007, apareceu novamente con Beck en Sudamérica.

Advertisement