Fandom

Rock Music

Joan Jett

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Joan Jett
Joan Jett.jpg
{{{caption}}}
Nome completo Joan Marie Larkin
Nacido o 22 de setembro de 1960
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Philadelphia, Pennsylvania. Estados Unidos Bandeira Estados Unidos.png
Instrumento(s)
Bandas

Joan Jett (nacida como Joan Marie Larkin o 22 de setembro de 1960 en Philadelphia, Pennsylvania) é unha actriz, cantante, produtora e guitarrista estadounidense. É coñecida polos seus hits "I Love Rock 'N Roll", que estivo no número 1 das listas do Billboard do 20 de marzo ao 8 de maio de 1982, "Crimson and Clover", "Do You Wanna Touch Me", "Light of Day", "I Hate Myself For Loving You", "Little Liar" e "Love Is All Around".

Probablemente Joan Jett sexa a figura feminina máis importante da historia do rock. Bandas como Bikini Kill, Shonen Knife, L7, Yeah Yeah Yeahs, Kittie, The Donnas ou Hole declararon publicamente a influencia de Joan na súa música.

BiografíaEditar

The Runaways Editar

Aos 15 anos, Joan formou The Runaways con outras tres rapazas, Sandy West, Lita Ford e Cherie Currie. Joan cantaba, tocaba a guitarra rítmica e escribía moito do material da banda. A banda gravou cinco LPs e xirou por todo o mundo tendo de teloneiros entre outros a Cheap Trick, Van Halen e Tom Petty and The Heartbreakers. Tiveron especialmente éxito en Xapón.

Mentres que The Runaways eran moi populares en Europa, Xapón, Australia, Canadá e tamén en Sudamérica, eles non tiveron o mesmo éxito nos Estados Unidos. Parte diso debeuse a que este país, e a súa prensa musical especialmente, non estaba acostumada a que unha banda de mulleres adolescentes fixese música en serio. The Runaways separouse en 1979.

Foi nesa época cando Jett, considerada unha figura na escena punk rock, produxo o único album de The Germs. Esta gravación é considerada o equivalente estadounidense do Never Mind The Bollocks dos Sex Pistols.

En solitario Editar

Na primavera de 1979, Joan foi a Inglaterra para comezar unha carreira en solitario. Mentres estivo alí, fixo tres temas cos ex-Sex Pistols Paul Cook e Steve Jones (unha delas era unha versión temprana de "I Love Rock N' Roll"). De volta a Los Angeles, Joan comezou a rodar unha película baseada en The Runaways chamada We're All Crazee Now!. A película nunca foi editada, pero durante a realización do proxecto Joan coñeceu ao compositor e produtor Kenny Laguna. Fixéronse bos amigos e decidiron traballar xuntos.

Jett e Laguna entraron nos estudios The Who’s Ramport Studios para gravar o debut en solitarios da primeira. O disco Joan Jett foi editado en Europa, pero nos Estados Unidos nada menos que 23 grandes selos rexeitaron o disco. Jett e Laguna editárono independentemente no seu propio selo Blackheart Records. Deste xeito, Jett convertíuse na primeira intérprete feminina en crear o seu propio selo discográfico.

A parella usou os seus aforros persoais para gravar a crear o seu propio sistema independente de distribución, moitas veces vendendo os álbumes no seu coche despois dos concertos.

The Blackhearts Editar

Co apoio de Laguna, ela formou The Blackhearts. Joan puxo un anuncio no semanal LA Weekly "buscando tres bos homes".

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou