Rock Music
Advertisement
Jimmy Chamberlin
Jimmy Chamberlin
{{{caption}}}
Nome completo James Joseph Chamberlin
Nacido o 10 de xuño de 1964
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Joliet, Illinois. Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Instrumento(s) {{{instrumento}}}
Bandas The Smashing Pumpkins
Zwan
The Jimmy Chamberlin Complex
The Last Hard Men


James Joseph "Jimmy" Chamberlin (nado o 10 de xuño de 1964 en Joliet, Illinois) foi o baterista de bandas como The Smashing Pumpkins e Zwan. No ano 2005 editou o seu primeiro disco en solitario titulado Life Begins Again, baixo o nome de The Jimmy Chamberlin Complex.

Carreira musical[]

A formación inicial de Chamberlin foi principalmente como baterista de jazz, e tocou en varios conxuntos da area de Chicago antes de unirse a The Smashing Pumpkins, pouco despois da súa formación en 1988.

Chamberlin foi membro de The Smashing Pumpkins durante os seus tres primeiros álbumes de estudio: Gish (1991), Siamese Dream (1993) e Mellon Collie and the Infinite Sadness (1995). Os seus problemas coas drogas durante a época de maior popularidade da banda, durante a xira do Mellon Collie en 1996, fixeron que fose expulsado da banda.

Durante ese tempo Chamberlin estivo reabilitándose, e a finais de 1996 uníuse á banda The Last Hard Men, liderada polo ex-vocalista de Skid Row Sebastian Bach. A banda editou un único álbum.

En 1999 Chamberlin voltou a The Smashing Pumpkins para o Arising Tour. A banda entón voltou ao estudio para gravar os seus traballos MACHINA/The Machines of God e MACHINA II/Friends and Enemies of Modern Music. The Smashing Pumpkins separaríase afinais do ano 2000 despois da xira de promoción destes discos.

Chamberlin pasou a formar Zwan en 2001 co seu compañeiro e amigo Billy Corgan. Zwan editou un único álbum, Mary Star of the Sea, e separouse no 2003.

Posteriormente Chamberlin formaría The Jimmy Chamberlin Complex no 2004. A banda inclue a Chamberlin na batería e nas voces, a Billy Mohler no baixo, Sean Woolstenhulme á guitarra e a Adam Benjamin. Inclue tamén colaboracións de músicos como Rob Dickinson (de Catherine Wheel), Billy Corgan, "The Incomparable" Bill Medley (de Righteous Brothers), Paul Chamberlin (o irmán maior de Jimmy), Corey Wilton e Linda Strawberry. The Jimmy Chamberlin Complex editou Life Begins Again o 25 de xaneiro do 2005.

Chamberlin ten tamén un proxecto paralelo co antigo vocalista de Dead Kennedys Jello Biafra.

Recentemente The Smashing Pumpkins volveu a reunirse contando unicamente con Chamberlin e Billy Corgan da súa antiga formación. A finais do ano 2006 comezaron a gravación do seu novo disco, Zeitgeist, que será editado o 10 de xullo do 2007. A banda realizou o seu primeiro concerto dende decembro do 2000 o día 22 de maio do 2007 en París. A nova formación conta co guitarrista Jeff Schroeder e a baixista Ginger Reyes.

En marzo do ano 2009 Chamberlin anunciou a súa saída de The Smashing Pumpkins de xeito amistoso.

Discografía[]

Con The Smashing Pumpkins[]

Proxectos paralelos[]

Ligazóns externas[]

The Smashing Pumpkins
Billy CorganMike Byrne
D'Arcy WretzkyJames IhaMelissa Auf der MaurJimmy ChamberlinJeff SchroederGinger ReyesLisa Harriton
Discografía
Álbumes de estudio: Gish | Siamese Dream | Mellon Collie and the Infinite Sadness | Adore | MACHINA/The Machines of God | MACHINA II/Friends and Enemies of Modern Music | Zeitgeist
Recopilatorios e EPs: Lull | Peel Sessions | Pisces Iscariot | Rotten Apples & Judas 0 | Earphoria | Rarities and B-Sides
Box Sets: Siamese SinglesThe Aeroplane Flies HighLive Smashing Pumpkins
Sinxelos: "I Am One" • "Tristessa" • "Siva" • "Rhinoceros" • "Cherub Rock" • "Today" • "Disarm" • "Rocket" • "Landslide" • "Bullet with Butterfly Wings" • "1979" • "Zero" • "Tonight, Tonight" • "Thirty-Three" • "The End Is the Beginning Is the End" • "Ava Adore" • "Perfect" • "Stand Inside Your Love" • "Try, Try, Try" • "Untitled" • "Tarantula" • "That's the Way (My Love Is)" • "G.L.O.W."
Videos: VieuphoriaGreatest Hits Video CollectionIf All Goes Wrong
Artigos relacionados
The MarkedStarchildrenZwanJimmy Chamberlin ComplexA Perfect Circle

Categoría:Músicos de Illinois

Advertisement