Fandom

Rock Music

Jarvis Cocker

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Share

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Jarvis Cocker
Jarvis Cocker.jpg
{{{caption}}}
Nome completo Jarvis Branson Cocker
Nacido o 19 de setembro de 1963
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Sheffield, Inglaterra Bandeira Inglaterra (borde).png
Instrumento(s) voz, teclados, guitarra
Bandas Pulp

Jarvis Branson Cocker (nacido o 19 de setembro de 1963 en Sheffield, Inglaterra) é un músico inglés coñecido por ser o líder da banda Pulp, e tamén é unha das figuras claves do movemento britpop de madiados dos anos 90.

Icono guitarra.pngImportante.png Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dun músico é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de músicos en progreso aquí.

Biografía Editar

Cocker fundou "Arabacus Pulp" aos 15 anos, mentres aínda estaba en The City School, en Sheffield. Despois de numerosos cambios na formación, e de acurtar o nome a "Pulp", a banda foi gañando sona nos anos 90 grazas ao éxito dos seus álbumes His 'n' Hers (1994) e Different Class (1995).

Cocker invadiu o escenario no BRIT Awards de 1996 para protestar contra a actuación de Michael Jackson. Jackson actuou rodeado de nenos e un rabino, mentres facía poses coma Cristo e tocaba o seu hit máis recente, "Earth Song". Cocker e o seu amigo Peter Mansell (un antigo membro de Pulp) realizaron unha improvisada entrada en escena coma protesta. Na confusión que seguíu ao feito, cando intentaron baixar a Cocker do escenario, tres dos nenos sofreron feridas menores.

Cocker foi posteriormente detido pola policía por ser sospeitoso de asalto, e sería liberado sen cargos. As opinións na prensa sobre o feito foron variadas. A edición do 2 de marzo de 1996 da revista Melody Maker suxería que Cocker que debía ser nomeado cabaleiro, e o amigo de Cocker Noel Gallagher dixo "Jarvis Cocker é unha estrela e débeselle conceder a Orde do Imperio Británico". Sen embargo, outros xornalista e os organizadores dos BRIT Awards quedaron indignados co comportamento de Cocker. En resposta ao revuelo que se levantou nos medios Cocker respostou, "as miñas accións foron unha forma de protestar contra a maneira de como se ve Michael Jackson a si mesmo, como un tipo de figura de Cristo co poder de sanar... só corrin polo escenario... non tiven ningún contacto físico con ninguén na medida que recordo".

Como resultado da atención da prensa as vendas de discos de Pulp disparáronse e unha estatua de cera de Cocker, que costou 30.000 libras, foi colocada en Rock Circus, Londres.

O 2 de xullo do 2009 apareceu coma panelista no programa da BBC Question Time e respostou a unha pregunta sobre a recente morte de Jackson dicindo que os medios lle deron máis importancia á noticia do que el pensaba que tiña.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou