Fandom

Rock Music

J Mascis

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Share

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

J Mascis
J Mascis.jpg
{{{caption}}}
Nome completo Joseph Mascis
Nacido o 10 de decembro de 1965
Falecido o {{{morto}}}
Orixe Amherst, Massachusetts. Estados Unidos Bandeira Estados Unidos.png
Instrumento(s) guitarra, voz
Bandas Dinosaur Jr., J Mascis and the Fog, Witch, Deep Wound

Joseph Mascis (nacido o 10 de decembro de 1965) é un músico estadounidense. É coñecido sobre todo por ser o cantante, guitarrista e compositor de Dinosaur Jr., a pesares de traballar ocasionalmente como productor ou como compositor de música de películas.

BiografíaEditar

Nacido en Amherst, Massachusetts, Mascis formou a principios dos 80 unha banda de hardcore de curta vida chamada Deep Wound con Lou Barlow e Scott Helland. Comezou tocando a batería, pero pasouse á guitarra cando fundou Dinosaur Jr. con Barlow e o baterista Emmett Jefferson 'Patrick' Murphy (alcumado 'Murph') en 1984. Despois de que despedise a Barlow da banda en 1989, el gravou varios álbumes de Dinosaur Jr. ata 1997.

Coma proxecto paralelo, foi tamén baterista na banda de doom metal de Boston Upsidedown Cross, que chegou a editar un album autotitulado através do selo Taang! Records en 1991. Tamén escribiu temas para a película Gas, Food, Lodging na que fixo un cameo. En 1996 participou na película Grace of my Heart con dous temas. Despois diso comezou a producir álbumes coa súa nova banda, J Mascis and the Fog, formada no ano 2000.

En abril do ano 2005 Mascis reuníuse con Barlow e Murph, a formación orixinal de Dinosaur Jr., para comezar unha xira de celebración da re-edición dos tres primeiros álbumes da banda.

No mes de agosto Mascis editou un novo traballo en solitario baixo o nome "J Mascis and Friends", J and Friends Sing and Chant For Amma, un álbum adicado ao líder da relixión hindú Mata Amritanandamayi, sobre o que escribira anteriormente "Ammaring" no primeiro álbum de J Mascis and the Fog, More Light. Os cartos gañados co álbum foron donados a organizacións de axuda ás víctinas do tsunami do ano 2004 no Océano Índico.

No ano 2006 Mascis voltou a tocar a batería, desta vez nunha banda de heavy metal creada por el recentemente chamada Witch e que editaría un álbum autotitulado.

Aparicións Editar

  • En 1988 fai unha pequena colaboración coa guitarra no disco The Whitey Album de Ciccone Youth (Sonic Youth).
  • En 1993 remesturou e engadiu voces á canción de The Breeders "Do You Love Me Now Jr?", editada no EP Divine Hammer.
  • A finais do verán do 2005 axuda á banda danesa Mew engadíndolle voces ao tema "Why Are You Looking Grave?" e coros en "An Envoy to the Open Fields". Ambos temas poden atoparse no álbum And the Glass Handed Kites.
  • No 2006 Mascis engade pistas de guitarra para o álbum de regreso de The Lemonheads, The Lemonheads.
  • No ano 2007 aparece no segundo álbum en solitario de Thurston Moore, Trees Outside the Academy, que foi gravado no seu estudo caseiro.
  • Tamén no 2007 Mascis toca a guitarra e fai coros para Kevin Drew no tema "Backed out on the ...", que aparece no su álbum en solitario Spirit If...

Ligazóns externas Editar

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou