Fandom

Rock Music

Institute

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Share

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Institute Logo.jpg
Institute.jpg
{{{caption}}}
Orixe
País Estados Unidos Bandeira Estados Unidos.png
Período 2004 - actualidade
Xénero(s)
Selo(s) discográfico(s) Interscope Records
Membros Gavin Rossdale
Chris Traynor
Cache Tolman
Charlie Walker
Antigos membros
Web oficial http://www.institutemusic.com/


Institute é unha banda de rock alternativo creada polo líder de Bush, Gavin Rossdale. O primeiro álbum da banda, Distort Yourself, foi editado o 13 de setembro de 2005.

HistoriaEditar

Institute formouse no ano 2004 durante un período de hiato de Bush, a outra banda do cantante Gavin Rossdale. Rossdale formou Institute con Chris Traynor, o cal tocou a guitarra na última xira de Bush e que pertence tamén á banda Helmet, despois de que Bush acordase tomarse un respiro despois do seu último traballo, Golden State. A formación completouse co baixista Cache Tolman (de Rival Schools fame) e o batería Josh Freese. Freese só estivo durante un tempo, durante a gravación do álbum de debut, Distort Yourself. Rossdale posteriormente invitou a Charlie Walker (coñecido polo seu traballo coas bandas de Nova York Split Lip and Chamberlain) para substituir a Freese e completar a banda.

Despois de asinar coa Interscope Records (Interscope editou os tres primeiros álbumes de Bush), Rossdale comezou a traballar en Distort Yourself co productor e líder de Helmet, Page Hamilton. Rossdale elexíu a Hamilton para producir o álbum debut da banda porque sabía que lle podía proporcionar o son de guitarra que buscaba. A pesares de non ser coñecido por producir baladas de rock, Hamilton tamén traballou ben as canción máis lentas de Rossdale, como "Ambulances", coa colaboración da muller de Gavin, Gwen Stefani, cantante de No Doubt.

Distort Yourself foi editado o 13 de setembro do 2005 através da Interscope Records e debutou no número 81 da Billboard Top 200 Album Charts vendendo 12.000 copias a primeira semana. O primeiro sinxelo, "Bullet Proof Skin", está incluído na banda sonora da película Stealth e no videoxogo NHL 2006.

Institute tocou numerosas cancións de Bush en directo, incluíndo "Machinehead", "Speed Kills (The People That We Love)", "Swallowed", "Comedown" e "Glycerine".

A finais do 2005, Institute foi o teloneiro de varios concertos da xira Vertigo de U2. A banda permanece en hiato dende o nacemento do fillo de Rossdale, e non se coñece cando volverá a reunirse para producir novo material.

Membros Editar

  • Gavin Rossdale: voz e guitarra.
  • Chris Traynor: guitarra.
  • Cache Tolman: baixo.
  • Charlie Walker: batería.

DiscografíaEditar

  • Distort Yourself - 2005

Ligazóns externasEditar

Páxina oficial da banda

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou