Heavy metal | |
---|---|
Orixes do estilo: | Rock sicodélico, blues-rock, hard rock |
Orixes culturais: | Finais dos 60, no Reino Unido e nos Estados Unidos |
Instrumentos típicos: | Guitarra, baixo e batería |
Popularidade: | En todo o mundo, principalmente durante os 80 |
Subxéneros | |
avant-garde metal - black metal - death metal - doom metal - glam metal - groove metal - metal gótico - metal progresivo - metal sinfónico - power metal - speed metal - stoner metal - thrash metal - viking metal | |
Xéneros fusión | |
O heavy metal (a veces nomeado sinxelamente como metal) é un xénero de rock que se desenvolveu entre 1968 e 1974. Con raíces no blues-rock e o rock psicodélico, as bandas que crearon o heavy metal desenvolveron un son a agresivo e pesado, centrado nas guitarras e a batería, characterizado por distorsións moi amplificadas e rápidos solos de guitarra.
Historia[]
A música blues estadounidense foi a principal influenza dos primeiros roqueiros británicos. Bandas como The Rolling Stones e The Yardbirds gravaron versións de moitas cancións clásicas do blues usando guitarras eléctricas onde os temas orixinais usaban acústicas, e moitas veces aumentaban o tempo. Debido á súa experimentación coa música, as bandas de blues do Reino Unido e dos Estados Unidos desenvolveron as que se convertirían nas características do heavy metal: sons fortes e guitarras distorsionadas baseados en power chords. The Kinks tiveron un gvran papel na popularización deste son co seu hit de 1964 "You Really Got Me". Un significante contribuidor a este emerxente son de guitarra foi o feedback, gracias á aparición dunha nova xeración de amplificadores.
Ademais do guitarrista de The Kinks Dave Davies, outros guitarristas coma Pete Townshend de The Who e Jeff Beck de The Tridents experimentaron co feedback. Os estilos das baterías de blues-rock, baseados en ritmos sinxelos con instrumentos pequenos foron substituídos por técnicas máis complexas e sonoras para poder equipararse co volume das guitarras amplificadas.