Fandom

Rock Music

Hardcore punk

3.301páxinas
neste wiki
Adicione uma página
Conversa0 Compartilhar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

Hardcore punk
Orixes do estilo: Punk rock
Orixes culturais: Principios dos 80 en Norteamérica
Instrumentos típicos: Voz - guitarra - baixo - batería
Popularidade: Baixa a media
Subxéneros
Xéneros fusión
O hardcore punk é un subxénero do punk rock orixinario dos Estados Unidos que apareceu a finais dos anos 70. Emerxeu cando as primeiras bandas do movemento punk foron desaparecendo ou cambiando cara diferentes xéneros e estes fixéronse máis underground e máis intensos. O son é máis espeso, pesado e rápido que o do punk rock dos 70. Está caracterizado por cancións curtas, ruidosas e apaixoadas.

OrixesEditar

NorteaméricaEditar

A finais dos anos 70, unha serie de bandas, en particular nas cidades costeiras do sur de California, nos Estados Unidos, formadas por adolescentes dos suburbios, formaron unha escena punk máis extrema (tanto no aspecto musical como no actitudinal) comparada coas variacións que triunfaban noutras zonas do país e do resto do mundo. A este movemento se lle bautizou como hardcore, literalmente núcleo duro.

A palabra xa era usada para designar militantes agresivos ou calquera versión máis extrema ou esaxerada de algo e foi adoptada por punks como sinónimo de orixinalidade e radicalismo, tanto en oposición á sonoridade máis lenta e fiel ao Rock and Roll tradicional das bandas de punk rock como os Sex Pistols, como á versión comercial e azucarada do xénero, coñecida como New Wave, que comezaba a triunfar nas radios.

Algunhas das bandas pioneiras desta escena hardcore inicial en California, foron The Germs, Black Flag, Middle Class, The Adolescents ou Vicious Circle no sul do estado e, en San Francisco, os Dead Kennedys. Paralelamente, Bad Brains e Teen Idles desenvolveron un estilo semellante no outro lado do país, en Washington D.C.

Ao mesmo tempo, en Vancouver, Canadá, bandas como D.O.A. e Subhumans desenvolvían algo semellante, musical e ideoloxicamente. D.O.A. foi un dos responsables da propagación do termo, co seu disco Hardcore '81, que segundo moitas teorías fixo o termo oficial.

Orixinalmente, as cancións punk máis veloces e agresivas eran denominadas xenericamente thrash (literalmente golpear), o que inspirou anos despois a creación do termo thrash metal para designar bandas de heavy metal con influencias e velocidade hardcore . Coa fama no underground de bandas da escena hardcore inclinadas á extrema velocidade, como Bad Brains, Circle Jerks, Dead Kennedys e Minor Threat, a palabra convertéuse definitivamente en sinónimo para un estilo novo de punk rock. Este estilo consolídase nos primeiros anos da década dos 80 caracterizado por temas que xeralmente non chegaban a 1 minuto de duración, con ritmos 2 por 2, velocidade extremadamente acelerada, voces berradas, negación da estructura verso-refrán-verso, e guitarras esaxeradamente distorsionadas.

En comparación coa primeira xeración do punk e cos seus contemporaneos europeos, o hardcore americano dos anos 80 non lle deu tanta importancia ao aspecto visual. Así, como a música era o máis importante do punk rock, este converteuse en máis directo e económico. Os adeptos do hardcore abandoaron en gran parte os accesorios e cortes de cabelo exóticos, substituíndoos por cabezas rapadas ou cortes militares e roupas baratas e máis "comúns", algunhas veces influenciadas polo skate.

Entre 1980 e 1981 moitos participantes da escena hardcore aproximáronse ideoloxicamente á primeira xeración anarcopunk que se desenvolvía en Inglaterra. Ambas escenas demostraban unha postura punk nitidamente construtiva (a pesares das referencias pesimistas e agresivas). Inicialmente a actitude mental positiva, en contraposición á típica imaxe do punk, foi defendida por membros dos Bad Brains, mais gañou forza coa postura anti auto-destrutiva da banda Minor Threat, que non usaba ningún tipo de drogas e foi transformada pouco tempo depois no movemento straight-edge. En Inglaterra a primeira xeración anarcopunk defendía, entre outras cousas, a non-violencia e a liberación animal.

Outras importantes características son a formación de discográficas completamente independentes e a edición de folletos e fanzines de cuño político. Jello Biafra, vocalista da banda Dead Kennedys, creou a discográfica independente Alternative Tentacles que convertéuse xunto coa SST (de Black Flag) nun dos piares para a produción e divulgación do hardcore.

EuropaEditar

A pesares de que o termo Hardcore popularizouse nos Estados Unidos, Inglaterra tamén desenvolveu a súa versión máis ou menos na mesma época. Alí, a finais dos anos 70, nomes como U.K. Subs xa aceleraban o cambio do punk, e bandas como Crass radicalizaban a política do movemento, anunciando o que estaba por vir e diferenciándose das primeiras bandas de punk como Sex Pistols e The Clash.

Pero o punto de inflexión do hardcore británico foi o lanzamento do EP Realities of War, de Discharge. Con 4 cancións en 5 minutos e letras curtas sobre guerra e destrución, era o vinilo máis brutal producido ata o momento pola escena musical inglesa. A prensa non entendeu o EP, e a pesares das reseñas negativas, o lanzamento influenciou rapidamente a outras bandas que adoptaron música e discursos semellantes. Inicialmente foi Disorder (cuxo primeiro EP Complete Disorder saíu no ano seguinte) e pouco despois Chaos UK, Varukers, Chaotic Dischord e moitas outras.

Algunhas bandas, como Exploited e GBH acostuman ser ligadas ao Hardcore británico, pero o son un pouco máis "ortodoxo", menos direccionamento político e máis "fidelidade" ao punk dos anos 70 convirten a súa classificación dentro do xénero un pouco problemática.

Ao contrario do que ocorreu nos Estados Unidos, o hardcore inglés radicalizou tanto na música e na política como na parte visual.

Este estilo espallouse rapidamente por Europa, e por volta de 1982 o hardcore chegara xa a todo o continente. Bandas como Anti-Cimex, Shitlickers (ambas de Suecia), Riistetyt, Kaaos, Rattus (de Finlandia), Upright Citizens (Alemaña), Eu's Arse e Wretched (Italia), adoptaron a base iniciada por Discharge e a levaron aínda máis lonxe, producindo unha música aínda máis extrema.

Ver tamén Editar

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou