Rock Music
Register
Advertisement
Hüsker Dü Logo
Hüsker Dü
{{{caption}}}
Orixe Minneapolis-St. Paul, Minnesota
País Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Período 1979-1987
Xénero(s) rock alternativo, hardcore punk
Selo(s) discográfico(s) New Alliance Records
SST Records
Warner Brothers Records
Membros Grant Hart
Bob Mould
Greg Norton
Antigos membros
Web oficial

Hüsker Dü foi unha influínte banda de rock fundada en Minneapolis-St. Paul, Minnesota, e formada por Bob Mould (guitarra e voz), Greg Norton (baixo) e Grant Hart (batería e voz).

Hüsker Dü foi unha das máis importantes bandas do underground estadounidense durante os anos 80. Cunha sonoridade innovadora e revolucionaria, a banda é sinónimo de power trio, e é citada como influencia por nomes tan dispares como Pixies, Dinosaur Jr., The Lemonheads, Nirvana, Soul Asylum e Foo Fighters.

Historia[]

Formado en St. Paul, Minnesotta por Bob Mould (guitarra e voz), Greg Norton (baixo]]) e Grant Hart (batería e voz), Hüsker Dü (nome sacado dun xogo de mesa dinamarqués, e significa naquel idioma "lémbrase vostede?") comezou tocando hardcore inspirado e influenciado pola escena californiana. Coas composicións e voces a cargo de Bob Mould e Grant Hart, o inicio da carreira da banda era marcado por un son agresivo e rápido, que lembraba a bandas como Blag Flag e Dead Kennedys. Co tempo, o son da banda foi facéndose máis elaborado, a clave dese cambio foi o álbum duplo Zen Arcade de 1984, e a partir daí, Hüsker Dü converteuse en punto de referencia para o chamado rock alternativo durante os anos 80 e 90.

A formación e o inicio hardcore[]

En 1979 o guitarrista/vocalista Bob Mould estudaba no Macalester College en St. Paul, Minnesotta e traballaba nunha tenda de discos, onde coñeceu ao baterista/vocalista Grant Hart e ao baixista Greg Norton. Os tres músicos tiñan gustos musicais distintos, pero todos tiñan afinidade co hardcore e o punk rock.

A principios dos anos 80, Hüsker Dü conquistou un público local. Tanto Mould como Heart compoñían as cancións e cantaban. En 1981, lanzaron o seu primeiro sinxelo, Statues, coa discográfica local Reflex, seguido polo lanzamento do álbum Land Speed Record, que contiña 17 cancións en só 26 minutos, lanzado pola New Alliance Records. Ao final daquel ano, lanzaron un EP igualmente rápido e pesado, In a Free Land.

En 1982, voltaron á Reflex, onde lanzaron Everything Falls Apart, o primeiro disco gravado en estudio. Naquela época, Hüsker Dü comezou a facer interminables xira polo circuito underground estadounidense. Xunto con Minutemen, R.E.M., Black Flag, Meat Puppets e Replacements, Hüsker Dü formaba un grupo de bandas independentes que contruíran unha reputación polas constantes xiras e tendo os seus discos soando nas radios universitárias. Os concertos de Hüsker Dü eran un espectáculo aparte, bastante peculiar. Eles praticamente non falaban co público e enlazaban as cancións unha coa outra, sen interrupción. Aparte dunha axenda chea de concertos, Hüsker Dü tamén pasou a gravar asiduamente, lanzando o EP Metal Circus en 1983.

A virada[]

Despois de Metal Circus, Hüsker Dü pasou a desenvolverse musicalmente dunha forma bastante rápida, con Mould e Hart encontrando os seus camiños como compositores no álbum Zen Arcade de 1984, o primeiro en ser lanzado pola discográfica SST. Zen Arcade tamén foi o primeiro en recibir o recoñecemento da crítica, sendo un dos discos máis eloxiados daquel ano. Zen Arcade era tamén un álbum duplo, algo completamente inédito no underground, e mostraba á banda ampliando os seus horizontes, fuxindo dalgunhas limitacións do hardcore e compoñendo melodías máis concisas e ben definidas, así como instrumentais máis extensos e densos, aínda que mantendo a enerxía do punk rock. A audiencia da banda pasou a medrar máis. A finais de 1984, eles lanzaron "Eight Miles High", unha cover de The Byrds, só dispoñible como sinxelo.

Hüsker Dü continuou gravando e facendo concertos a un ritmo frenético entre 1984 e 1985. Tudo corría ben para a banda, con éxito entre os críticos e cun público que medraba. Pero nesa época comezou a surxir unha rivalidade entre os compositores e vocalistas da banda, Bob Mould e Grant Hart, así como unha dependencia do alcohol e as anfetaminas.

New Day Rising, de 1985, refletia as influencias de The Byrds e de outros nomes dos anos 60 como The Zombies e ata os Beatles, todo iso baixo a forma do rock alternativo e do punk rock. Co lanzamento do seguinte álbum, Flip Your Wig, tamén de 1985, Hüsker Dü converteuse na primeira das bandas independentes de post-punk da metade dos anos 80 en asinar cunha grande discográfica, fichando coa Warner Brothers. Flip Your Wig está entre os mellores traballos da banda, onde a súa fórmula parece encontrar un perfecto equilibrio.

Candy Apple Grey, o primeiro lanzamento pola nova discográfica, surxíu en 1986. Un bo disco, favorecido principalmente polas facilidades de produción ofrecidas por unha grande discográfica. Aínda que o son seguía a liña máis accesible dos últimos 3 discos, non habían hits obvios e a banda non acadou o éxito comercial, pero mantivo a súa integridade e o seu público (aínda que reducido) intactos. Durante esa época, as tensións internas entre Mould e Hart medraron. Mould estaba recuperado mentres Hart parecía afondar na dependencia de drogas e alcohol. Aínda así, estaban listos para a gravación dun novo álbum duplo, Warehouse: Songs and Stories. A pesares de que a Warner non quería que a banda lanzase outro álbum duplo, Warehouse foi lanzado en maio de 1987, sendo ben recibido pola crítica. Os fans máis radicais recoñecían que ese non era o mellor disco da banda, e que Mould e Heart como compositores estaban distanciandose.

O fin do camiño[]

A banda estaba preparando unha serie de concertos para promover o lanzamento de Warehouse cando o manager da banda, David Savoy, suicidouse unha noite antes do inicio da xira. Hüsker Dü acabou facendo os concertos de todas formas (eles tocaban o novo álbum enteiro, na orde do disco e sen interrupcións todas as noites). Pero o suicídio de Savoy aumentou as turbulencias na banda e Hart non amosaba sinais de recuperación. Así que foi cancelada a xira de Warehouse e a banda non tocou ata o fin de 1987, o que xerou especulacións de que o grupo estaría separándose. Eses rumores foron confirmados en xaneiro de 1988, cando Hart foi despedido e a banda disolveuse.

Hart lanzou un EP en solitario, 2541, pola SST a finais de 1988, seguido polo álbum Intolerance un ano despois. Unha vaz lanzado o disco, Hart recuperouse do abuso de drogas e formou unha nova banda, Nova Mob. Nova Mob lanzou o seu álbum de estrea en 1991, The Last Days of Pompeii e o segundo disco, autotitulado en 1994. Despois do segundo disco, Nova Mob disolveuse e Grant Hart voltou á súa carreira en solitario. Greg Norton converteuse en chef de restaurantes de Minneapolis.

Inmediatamente despois do final de Hüsker Dü, Bob Mould comezou unha carreira en solitario, explorando sonoridades máis intimistas e acústicas. Despois de lanzar dous álbumes, Workbook (1989) e Black Sheets of Rain (1990), formou o trío Sugar en 1992. Entre 1992 e 1994 Sugar lanzou dous álbumes, Copper Blue (1992) e File Under: Easy Listening (1994). En 1995 Sugar acabou e Mould retornou á súa carreira só.

En 1994, foi lanzado o álbum en directo The Living End, gravado en 1987, durante a última xira de Hüsker Dü. O disco contén 24 temas, algúns deles inéditos, incluíndo unha versión de The Ramones.

Discografía[]

Álbumes[]

EPs[]

  • In A Free Land - 1981 (New Alliance)
  • Metal Circus - 1983 (Reflex)
Advertisement