Rock Music
Register
Advertisement
Green River
Green River
{{{caption}}}
Orixe Seattle, Washington
País Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Período 1984 - 1988
Xénero(s) Grunge
Selo(s) discográfico(s) Homestead
Sub Pop
Membros Mark Arm
Stone Gossard
Jeff Ament
Bruce Fairweather
Alex Vincent
Steve Turner
Antigos membros
Web oficial


Green River foi unha influínte banda de Seattle dos anos 80. Foi unha das primeiras bandas de grunge e despois da súa separación dela surxiron dúas das bandas máis importantes do xénero: Mudhoney e Mother Love Bone.

Importante Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dunha banda é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de bandas en progreso aquí.

Historia[]

Green River foi formado en 1984 por Mark Arm e Steve Turner. Eles tocaran xuntos nas bandas Mr. Epp e The Limp Richards por un curto período de tempo, e, despois do fin desas bandas, decidiron formar Green River. Eles chamaron ao baixista Jeff Ament, na época da banda Derranged Diction, co cal Steve xa traballara. Nun principio Jeff rexeitou entrar na banda, pois non tiña unha boa impresión do son de Mark en Mr. Epp, que na época era presentada como "a peor banda do mundo". Finalmente Steve convenceu a Jeff para entrar na banda e o seguinte paso foi reclutar ao baterista Alex Vincent da banda Spluii Numa.

A primeira gravación foi a canción "Swallow My Pride", que máis tarde foi incluída na banda sonora do documental HYPE. No fin daquel ano, Stone Gossard, que formaba parte dos Ducky Boys xunto con Steve, entrou na banda como guitarrista. Así, Mark puido concentrarse unicamente nas voces. Coa formación definitiva, Green River estaba preparado para a gravación do seu traballo de estrea, o EP Come on Down pola discográfica Homestead, que foi lanzado 6 meses máis tarde. Pouco antes do lanzamento, a banda fixo unha pequena xira polos Estados Unidos.

De volta a Seattle, Steve decidiu deixar a banda para formar Thrown Ups, na que Mark ingresou máis tarde. En Green River, Steve foi substituído por Bruce Fairweather. A banda voltou ao estudio e gravou dúas cancións para o recopilatorio Deep 6 Compilation da C/Z Records, xunto con bandas como The Melvins, Skin Yard, The U-Men, Soundgarden e Makfunkshun. Na metade de [1986]] gravaron o seu segundo EP, Dry as a Bone. O álbum foi producido por Jack Endino e foi lanzado polo entón recén fundado selo Sub Pop xa en 1987. Despois dunha nova xira Green River comezaba a chamar a atención no underground. Ao lado de Soundgarden, Green River é o principal responsable de colocar a Seattle no mapa, xerando o inicio dun processo que culminaría co estoupido de Nirvana, varios anos máis tarde.

Aproximadamente a finais de 1987 a banda comezou a traballar no seu seguinte disco, Rehab Doll, producido inicialmente por Jack Endino e finalizado por Bruce Calder, e pouco antes do lanzamento previsto do álbum en 1988 a banda anuncia o seu final.

Os rumores sobre a razón que motivou o fin da banda dan conta de que Stone e Jeff querían asinar un contrato cunha grande discográfica mentres que Mark e Alex querían continuar independentes.

Despois do fin de Green River, Steve e Mark reuníronse con Matt Lukin de The Melvins e Dan Peters de Bundle of Hiss e formaron Mudhoney. Stone, Jeff e Bruce uníronse a Andrew Wood para formar Mother Love Bone. Cando Andrew Wood morreu, Stone e Jeff formaron Pearl Jam. Alex mudouse a Xapón para estudar dereito.

Green River foi coñecido nos anos 90 por ser a banda que deu orixe a Mudhoney e Mother Love Bone (máis tarde a Pearl Jam). E de feito, o son da banda lembra as súas influencias, a mestura dun punk suxo típico do fin da década dos 70 e principios dos 80 (que predomina no son de Mudhoney), co rock'n'roll clásico dos anos 70 de Led Zeppelin e Aerosmith (que foron as principais influencias no son de Mother Love Bone).

Membros[]

Discografía[]

Categoría:Bandas de Seattle

Advertisement