FANDOM


Green Day Logo
Green Day
{{{caption}}}
Orixe East Bay, California
País Estados Unidos Bandeira Estados Unidos
Período 1989 - actualidade
Xénero(s) punk rock
Selo(s) discográfico(s) Lookout!
Reprise
Membros Billie Joe Armstrong
Mike Dirnt
Tré Cool
Antigos membros John Kiffmeyer
Web oficial http://www.greenday.com/


Green Day é unha banda estadounidense de punk rock fundada no ano 1989. Está formada por Billie Joe Armstrong (voz e guitarra), Mike Dirnt (baixo e coros) e Tré Cool (batería).

Importante Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina dunha banda é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Wiki Rock mellore e medre. Podes atopar máis artigos de bandas en progreso aquí.

Historia Editar

Formación da banda e primeiros anos Editar

En 1987, os amigos da infancia Billie Joe Armstrong e Mike Dirnt (ambos de 14 anos) formaron un duo chamado Sweet Children. O seu primeiro concerto foi o día 17 de outubro de 1987 no Rod's Hickory Pit en Vallejo, California, onde traballaba a nai de Armstrong. A finais de 1989 Armstrong, Dirnt e John Kiffmeyer (alcumado Al Sobrante) formaron Green Day, según din escollendo o nome polo seu cariño á marihuana. Green Day realizou a súa primeira actuación no patio do Contra Costa College, un colexio de San Pablo, California ao que Sobrante asistía.

Pouco despois, Larry Livermore, dono do selo independente Lookout! Records, foi a un dos concertos da banda. Livermore contratou a Green Day, e a finais de 1989 editaron o seu primeiro EP, 1,000 Hours, e seguidamente saíu o seu primeiro LP, 39/Smooth a principios de 1990.

O libreto de 39/Smooth incluía unha carta supostamente da I.R.S. Records que dicía pretender asinar un contrato con Green Day. Tamén incluía unha resposta da banda aclarando que serían leais a Lookout! Records. Green Day gravaría dous EPs ese mesmo ano: Slappy e Sweet Children, o último dos cales incluia algunhas vellas cancións que gravaran para o selo indie de Minneapolis Skene! Records. En 1991, a Lookout! Records editou 1,039/Smoothed Out Slappy Hours, recopilando os EPs 39/Smooth, Slappy e 1,000 Hours.

A finais de 1990, pouco despois da súa primeira xira por todo o país, Sobrante deixou a zona de East Bay para ir á universidade. O baterista Tré Cool comezaría a encher o seu oco como un reemprazo temporal, e cando comezou a quedar claro que Sobrante non pretendía adicarlle á banda o tempo suficiente, Tré Cool convertíuse no baterista da banda. Green Day estivo de xira a maior parte de 1992 e 1993, chegando incluso a tocar en Europa. O seu segundo álbum, Kerplunk, vendeu unhas 50.000 copias nos Estados Unidos, que foi considerado unha cantidade mmoi grande para a escena punk independente en 1992.

Chegada do éxito Editar

O éxito do Kerplunk! no underground permitiu que medrase o interese por parte de grandes selos, e finalmente deixaron a Lookout! amigablemente para asinar coa Reprise Records despois de chamar a atención do produtor Rob Cavallo. Asinar coa Reprise causou que moitos fans do punk rock renegasen de Green Day. Despois deste feito, a banda comezaría a traballar na gravación do seu debut cun grande selo, o Dookie.

Editado en febreiro de 1994 e gravado en tres semanas, Dookie converteuse nun éxito comercial, coa axuda da extensiva aparición na MTV dos videos dos temas "Longview", "Basket Case" e "When I Come Around", as cales acadaron o número un nas listas de Modern Rock Tracks. Ese ano, Green Day embarcouse nunha xira nacional coa banda Pansy Division como teloneira. O 9 de setembro de 1994, nun concerto na Boston Esplanade, fíxose o caos durante a actuación da banda (acurtada a sete temas) e a policía cargou cun resultado de 100 persoas feridas e 45 arrestadas. A banda tamén tocou nos festivais Lollapalooza e Woodstock de 1994, onde comezaron unha loita no barro infame. Durante o concerto, un garda de seguridade confundiu ao baixista Mike Dirnt cun fan invadindo o escenario e golpeouno arrincándolle algúns dentes. Visto por millóns de persoas através da televisión, a actuación do Woodstock 1994 axudou á banda a gañar publicidade e recoñecemento e impulsou tamén ao seu álbum. No ano 1995 Dookie gañou o Grammy ao mellor álbum alternativo e a banda foi nominada a 9 MTV Video Music Awards, incluíndo o video do ano.

En 1995 editaron un sinxelo para a película Angus titulado "J.A.R." que chegou ao número 1 da Modern Rock Tracks. Ao tema seguíulle o seu novo traballo Insomniac, lanzado no outono dese ano.

Discografía Editar

Álbumes de estudioEditar

RecopilatoriosEditar

Ligazóns externasEditar